Estación de Guadalaxara-Yebes
Guadalajara-Yebes é a estación de ferrocarril de Adif onde efectúan parada os trens de alta velocidade e grandes liñas que circulan polas L.A.V. Madrid-Barcelona e Madrid-Huesca, situada na provincia de Guadalaxara, entre os termos municipais de Guadalaxara e Yebes, xunto a Ciudad Valdeluz.
Guadalajara-Yebes | |
---|---|
Vista exterior da estación | |
Situación | Guadalaxara/Yebes |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | |
Longa Distancia | Alvia |
Intermodalidade | |
Bus | Guadalaxara<>Estación AV |
Servizos Ferroviarios
editarA cantidade de trens que pasan pola estación sen efectuar parada é moito maior á de trens que efectúan parada nela. Desde o 20 de febreiro ningún tren AVE dos que efectúa parada aquí efectúa parada en Calatayud, a seguinte estación da liña, para ir dunha a outra estación é necesario tomar un tren Alvia.
Non existe polo momento servizo Renfe Avant para esta estación, aínda que a gran distancia ao centro da cidade non favoreceu a implantación deste tipo de servizos de Media Distancia ao ser moito máis utilizados os trens de proximidade para o percorrido Madrid-Guadalaxara.
tren | << | >> |
---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Barcelona-Sants |
Figueres-Vilafant | ||
Huesca | ||
Alvia | Madrid-Puerta de Atocha | Pamplona |
Logroño | ||
Hendaia |