Estación de Huesca
Coordenadas: 42°08′00″N 0°24′34″O / 42.1333, -0.4095
A estación de Huesca é unha estación de ferrocarril de Adif de carácter terminal situada na cidade española de Huesca, en Aragón. É un recinto intermodal que alberga tamén a estación de autobuses da cidade cuxas dársenas están situados nos laterais deste.
Huesca | |
---|---|
Situación | Huesca |
Servizos | |
Liñas | |
Alta velocidade | AVE |
Media distancia | MD, TRD, Rexional |
En 2010 os seus servizos de Longa e Media Distancia foron usados por preto de 130.000 viaxeiros.
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 88,536 da liña férrea de ancho ibérico que une Zaragoza con Francia por Canfranc, e no mesmo punto da liña de ancho internacional que une Zaragoza con Huesca, a 458 metros de altitude.[1]
Historia
editarFoi inaugurada no ano 2001, substituíndo á antiga estación, a primeira edificada na cidade con motivo da apertura da liña Zaragoza-Huesca en 1864. A estación antiga, que carecía de interese arquitectónico e artístico, foi derrubada pouco despois da construción da nova.
A estación
editarA estación actual é de planta cadrada, co vestíbulo a nivel de rúa. Sobre el levántanse dúas torres de catro alturas que corresponden a un hotel e a salóns para banquetes.
A estación ten dúas plataformas ademais da cabeceira propia das estacións terminais e seis vías, dúas de ancho internacional e catro de ancho ibérico.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 8 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
AVE | Madrid-Puerta de Atocha | Guadalaxara-Yebes · Calatayud · Zaragoza-Delicias · Tardienta | Huesca | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
editarActualizado a 8 de xullo de 2016.
Liña MD | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
' | Intercity | Valencia-Estació del Nord Murcia del Carmen |
Huesca | |
38 | Rexional Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Lleida-Pirineus | |
56 | Rexional | Zaragoza-Delicias | Canfranc Jaca |
Notas
editar- ↑ Huesca (Est.) Euroferroviarios
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Huesca |
Ligazóns externas
editar- Información da estación na páxina de Adif Arquivado 27 de maio de 2015 en Wayback Machine.