Huesca (en aragonés: Uesca[1], en galego antigo: Osca[2], oficialmente Huesca/Uesca) é unha cidade española, capital da provincia de Huesca e da Plana de Uesca, situada ao norte da comunidade autónoma de Aragón. O xentilicio correspondente a esta cidade é o de oscense.

Huesca
Uesca
Casino de Huesca.
A fonte das musas. Catedral de Huesca.
Huesca desde o aire. Monasterio de San Pedro el Viejo.
Las Pajaritas de Ramón Acín.
Cidade de Huesca
Localización
Huesca en España
Huesca
Huesca
Huesca en Provincia de Huesca
Huesca
Huesca
PaísEspaña España
Comunidade AutónomaAragón Aragón
ProvinciaHuesca
ComarcaHoya de Huesca
Xeografía
Altitude488 msnm
Superficie14,9 km²
Demografía
Poboación51.117 hab. (INE 2008)
Densidade317,5 hab./km²
XentilicioOscense
Outros datos
Código postal22002
AlcaldeLuis Felipe Serrate (PSOE)
www.ayuntamientohuesca.es

Xeografía editar

Huesca está situada a suroeste da súa provincia, en territorio do Somontano pirenaico, caracterizado por pequenas elevacións, aínda que ás veces abruptas (os mallos), que alternan con chairas e depresións. Nunha destas, chá e feraz,regada polo río Isuela, érguese a cidade ("Hoya de Huesca").

O clima é mediterráneo continentalizado.

Historia editar

En época prerromana, os ilerxetes ocupaban a rexión oscense. A cidade denominábase Bolskan, e cuñaba moeda no século II a.C.

Durante o século I a.C., co nome de Osca, era xa unha cidade plenamente romanizada. Foi capital da Hispania de Sertorio, revirada contra a República Romana. Suponse que Sertorio morreu nesta cidade.

Foi elevada á categoría de municipio por Augusto no ano 30 a.C., máis dependente con todo de Cesaragusta. Plinio o Vello sitúa Osca na rexión que chama Vescitania. Probabelmente é a mesma cidade que Estrabón cita como Ileoscan. Creuse que tiña minas de prata, cousa que o Pde. Flórez puña en dúbida.

 
Vista de Huesca desde a catedral

Logo da etapa visigoda e da invasión árabe, Osca pasou a ser controlada polos musulmáns, que a chamaron Wasqa. Fronteira enfronte dos reinos cristiáns do norte, foron insistentes os intentos de asedio que sufriu, o que tornou a cidade nunha base militar de primeiro rango.

No ano 1094 o rei cristián, Sancho III de Aragón, tentou, unha vez máis, tomar Huesca, construíndo preto o castelo de Montearagón, pero morreu dunha setada, cando realizaba un recoñecemento da muralla. Dous anos logo, na primavera de 1096, un exército cristián, liderado polo rei Pedro I, asediou a cidade durante seis meses. Huesca foi entregada ao rei Pedro, o 26 de novembro de 1096, que trasladou a capital do reino de Aragón para a cidade. Porén, cando en 1118, o rei Afonso o Batallador, tomou Zaragoza, Huesca deixou de ser a capital, pois a cidade recentemente tomada seríao desde entón.

En 1837, o pretendente carlista, Carlos María Isidro, tomou a cidade.

Durante a guerra civil, Huesca caeu en mans dos militares sublevados. Os intentos das tropas republicanas por retomala varias veces, foron inútiles, a pesar de dominar a próxima Montearagón.

Patrimonio artístico editar

 
Portada da Sé de Huesca
  • Catedral, gótica, edificada entre 1275 e 1515, sobre construcións anteriores. Altar-mor obra de Damián Forment. Posúe fermosas capelas e notábel cripta. Vitrais de Francisco de Valdivieso. O claustro, porén, é románico.
    • Museo diocesano.
    • Pazo episcopal.
  • Igrexa de San Pedro o Vello, igrexa románica con interesante claustro do mesmo estilo. Sepulcros de reis aragoneses. Altares do XVI e XVII.
  • Igrexa de San Miguel, obra de transición románico-gótica.
  • Igrexa de San Lourenzo, edificación complexa, con obra gótica, e fachada barroca. Pinturas de Jusepe Martínez.
  • Igrexa dos santos Domingos e Martiño, gótica en orixe, con reformas barrocas.
  • Igrexa de San Vicente, barroca, en ladrillo.
  • Seminario da Santa Cruz, con igrexa de 1571, que conserva a ábsida, anterior, gótica.
  • Casa do Concello, obra tardo-renacentista de Miguel de Allué, sita na mesma praza da catedral.
  • Colexio Imperial, datado en 1534, na mesma praza que o edificio devandito.
  • Conxunto da Universidade Sertoriana, contén entre outros:
    • Pazo dos Reis de Aragón,
    • Zuda árabe,
    • Museo Provincial, exhibe desde frescos románicos a coleccións pictóricas de mestres renacentistas, barrocos e outros.

Festas editar

Cidades irmandadas editar

Notas editar

  1. Uesca é o topónimo en aragonés e tamén oficial segundo a Lei 27/2002, de 26 de novembro, de creación da comarca de Hoya de Huesca/Plana de Uesca Arquivado 03 de febreiro de 2009 en Wayback Machine.
  2. Grupo TALG / Instituto da Lingua Galega. "Osca". Dicionario de dicionarios do galego medieval. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo sobre xeografía é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.