Luis Felipe Serrate

político español

Luis Felipe Serrate, nado en Huesca o 5 de abril de 1962, é un político español, membro do Partido Socialista Obrero Español. Dende o 13 de xuño de 2015 é alcalde de Huesca, cargo que xa ocupou entre 2010 e 2011.

Luis Felipe Serrate
Luis Felipe Serrate

Actualmente no cargo
Dende o 13 de xuño de 2015
Precedido por Ana Alós López

3 de xullo de 2010 – 11 de xuño de 2011
Precedido por Fernando Elboj Broto
Sucedido por Ana Alós López

Datos persoais
Nacemento 5 de abril de 1962 Huesca, España España
Partido PSOE

Na rede
http://luisfelipehuesca.es/
Twitter: luisefelipe Dialnet: 102415 Editar o valor em Wikidata

Biografía editar

Voceiro do Grupo Municipal Socialista na Casa do Concello oscense e voceiro do Grupo Socialista da Deputación Provincial de Huesca. Secretario xeral do PSOE na cidade, pertence á Executiva Provincial do partido como secretario de Participación Cidadá e Movementos Sociais. Coordinou diversas campañas electorais da Agrupación Local de Huesca.

Comezou moi novo en política. A partir de 1979, implícase na xestación e desenvolvemento do PSOE nos ámbitos comarcais. Foi concelleiro de Castejón de Monegros (Huesca), de 1999 a 2003. Dende 2003 é concelleiro no de Huesca.

É licenciado en Ciencias Políticas e Socioloxía, ademais de diplomado en Traballo Social. Pertence ao corpo técnico da Fundación Municipal de Servizos Sociais do Concello de Huesca. Cursou o programa de doutoramento en Estado Social e Suficiencia Investigadora na Universidade Pontifica de Salamanca.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Ana Alós López
 
Alcalde de Huesca

13 de xuño de 2015 - actualidade
Sucesor:
No cargo