Estación de Haro
A estación de Haro é unha estación de tren de Adif situada na localidade de Haro, na Rioxa. Ten servizos de longa e media Distancia operados por Renfe. Dispón tamén de instalacións loxísticas usadas polos trens de mercadorías.
Estación de Haro | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | A Rioxa | |||
Concello da Rioxa | Haro ![]() | |||
Datas | ||||
Inauguración | 1863 ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 81002 ![]() | |||
Liña de tren | Casetas-Bilbao railway line (en) ![]() ![]() | |||
Servizo de conexión | Alvia ![]() | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario | Adif ![]() | |||
Operador | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 127,8 da liña férrea de ancho ibérico que une Castejón con Bilbao por Logroño e Miranda de Ebro a 452 metros de altitude.[1]
Historia
editarA estación foi inaugurada o 30 de agosto de 1863 coa apertura do tramo Castejón-Orduña da liña férrea que pretendía unir Castejón con Bilbao. As obras correron a cargo da Compañía do Ferrocarril de Tudela a Bilbao creada en 1857.[2] En 1865 a compañía declarouse en suspensión de pagos por non poder superar as dificultades económicas derivadas do investimento realizado na construción da liña e foi intervida polo Banco de Bilbao.[3] En 1878, foi absorbida por Norte que mantivo a titularidade da estación ata a nacionalización do ferrocarril en España en 1941 e a creación de Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase no barrio das Bodegas. O edificio para viaxeiros é unha ampla estrutura de base rectangular e dúas alturas con disposición lateral ás vías. Dispón dunha vía principal e de catro derivadas aínda que só dous acceden a unha plataforma lateral e a outra central. Ambas están protexidos parcialmente cunhas marquesiñas metálicas. Posúe outras catro vías máis todas elas mortas, que derivan a unha zona de carga que dispón dun peirao cuberto.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 6 de xullo de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observacións |
---|---|---|---|---|
Alvia | Barcelona-Sants | Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Alfaro · Calahorra · Logroño · Haro · Miranda de Ebro | Bilbao-Abando | 2 trens diarios por sentido |
Media distancia
editarActualizados a 6 de xullo de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
22 | MD Rexional Exprés |
Zaragoza-Delicias | Logroño Salamanca |
Notas
editar- ↑ Haro (Apt.) Euroferroviarios
- ↑ "Castejón de Ebro á Bilbao (vía Logroño y Miranda de Ebro)". Spanish Railway (en castelán). Consultado o 2022-04-09.
- ↑ Historia do Tudela-Bilbao Arquivado 23 de xuño de 2010 en Wayback Machine. AFERioja
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Haro |
- Información na web de Adif Arquivado 09 de agosto de 2016 en Wayback Machine.