Estación de Tudela de Navarra
Tudela de Navarra é unha estación ferroviaria situada no municipio español de Tudela, en Navarra. Dispón de servizos de longa e media distancia operados por Renfe.
Tudela de Navarra | |
---|---|
Fachada da estación | |
Situación | Tudela (Navarra) |
Servizos | |
Liñas | |
Longa Distancia | Alvia, Trenhotel |
Media distancia | Intercity, Rexional Exprés |
Situación ferroviaria
editarA estación encóntrase no punto quilométrico 77,4 da liña férrea que une Casetas en Zaragoza con Bilbao a 261 metros de altitude.[1]
Historia
editarA estación foi inaugurada o 16 de maio de 1861 coa apertura do tramo Tudela-Caparroso da liña férrea que pretendía unir Zaragoza con Navarra por parte da Compañía del Ferrocarril de Zaragoza a Pamplona.[2] Esta última non tardaría en unirse coa compañía do ferrocarril de Zaragoza a Barcelona dando lugar á compañía dos Ferrocarriles de Zaragoza a Pamplona e Barcelona.[3] En 1878, todas estas compañías remataron absorbidas por Norte. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supuxo a integración de Norte na recentemente creada Renfe.
Dende o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é o titular das instalacións ferroviarias.
A estación
editarSitúase ao norte do núcleo urbano na praza da Estación preto do Parque da Azucarera. Posúe un amplo edificio para viaxeiros formado por un pavillón central de tres pisos, dúas ás anexas e dúas torres en cada extremo. Ten catro vías e dúas plataformas, unha lateral e outra central. Ambas están cubertas por marquesiñas propias.
Dispón de venda de billetes, punto de información, sala de espera, aseos, cafetería, restaurante, alugueiro de coches e servizos adaptados para as persoas con discapacidade. No exterior existe un aparcadoiro habilitado e parada de autobuses.
Servizos ferroviarios
editarLonga distancia
editarActualizado a 7 de xullo de 2016.
Media distancia
editarActualizado a 7 de xullo de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
22 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | <> | Logroño Castejón de Ebro |
26 | Rexional Exprés | Zaragoza-Delicias | <> | Pamplona |
Notas
editar- ↑ "Rede ferroviaria española" (PDF). Ministerio de Fomento. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 23 de setembro de 2010. Consultado o 10 de maio de 2013.
- ↑ Memoria de FZP páxina 3, froito da Xunta Xeral de Accionistas celebrada o 8 de xuño de 1861.
- ↑ Zaragoza a Pamplona e Alsasua Arquivado 15 de xaneiro de 2011 en Wayback Machine. spanishrailway
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Estación de Tudela de Navarra |