Alfaro
Alfaro é unha cidade pertencente á comunidade autónoma da Rioxa. Sitúase ao leste da provincia, na Rioxa Baixa, sendo a cabeceira da comarca á que dá nome e o municipio máis extenso de toda A Rioxa; linda coa comunidade Foral de Navarra. A data 1 de xaneiro de 2008 contaba cunha poboación de 9.727 habitantes segundo os datos do INE, sendo a quinta localidade con maior número de habitantes tras Logroño, Calahorra, Arnedo e Haro.
O río Ebro transcorre polo norte do municipio, onde desemboca o Alhama tras rodear Alfaro polo oeste.