Valtierra
Coordenadas: 42°11′43″N 01°38′03″O / 42.19528, -1.63417
Valtierra é unha concello da Comunidade Foral de Navarra, España, situada no meiriñado de Tudela, entre as desérticas paisaxes das Bardenas Reales e o val do Ebro. Segundo o INE, en 2008 tiña 2.542 habitantes. Ten unha extensión de 49,9 km², e limita coas localidades de Arguedas, Alfaro, Cadreita, Castejón e Tudela.
DemografíaEditar
1897 | 1900 | 1910 | 1920 | 1930 | 1940 | 1950 | 1960 | 1970 | 1981 | 1991 | 2001 | 2006 | 2008 |
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
1.705 | 1.780 | 1.889 | 2.228 | 2.633 | 2.913 | 3.149 | 3.165 | 2.772 | 2.497 | 2.508 | 2.410 | 2.500 | 2.542 |
HistoriaEditar
Tivo unha importante presenza árabe e foi parte do imperio de Muza Ben Muza, máis tarde forma parte da Taifa de Zaragoza e máis adiante da de Tudela-Lleida. Terminou de ser conquistada polos cristiáns de Afonso o Batallador rei de Navarra e Aragón no ano 1110 outorgando á vila o Foro de Sobrarbe e o título de Moi nobre e Moi leal, cando Navarra e Aragón separáronse esta como consecuencia da morte de Afonso I en 1134, a nobreza decidiu formar parte de Navarra e Tudela non se uniu a Aragón, formando parte de Navarra.
Patrimonio artísticoEditar
- Igrexa de Santa María. Templo parroquial do século XVI que atesoura un grandioso Retablo Maior renacentista, con talla dourada e policromada.
- Palacio dos Gómara. Edificio civil de estilo barroco, con fachada de ladrillo do século XVIII.
EconomíaEditar
Valtierra foi historicamente unha vila dedicada plenamente aos labores agrícolas e durante séculos ao redor delas desenvolveuse a vida no municipio. Dentro do sector primario destacan os cultivos de millo, verduras (brócoli, coliflor, tomate, pemento, berenxena), o cereal, e os verbascos. Na gandería destaca o gando ovino, bovino e porcino. A comezos do século XXI acadaban tamén grande importancia o sector secundario e o sector terciario.
Zonas de interese próximasEditar
- Bardenas Reales
- Parque natural "Senda Viva"
Véxase taménEditar
Ligazóns externasEditar
- Concello de Valtierra - Páxina web municipal.
- Municipios/entidade.htm?IdEnt=615 Datos de Valtierra - Goberno de Navarra - Información e datos de entidades locais de Navarra.