A coliflor (Brassica oleracea var. botrytis) e unha variedade de col (Brassica oleracea) da familia das Brassicaceae. Outras variedades da mesma planta son o brócoli, o repolo, as verzas ou as coias de Bruxelas, todas elas importantes hortalizas e esenciais na gastronomía galega. Existen en galego algunhas variedades dialectais coma: culliflor, culiflor e coubeflor (en portugués couve-flor)[1].

Trátase dunha planta anual pero encóntrase no seu mellor momento entre os meses de setembro e febreiro, aínda que se pode dispor dela durante todo o ano. Parécese ó brócoli e está emparentada con el.

A planta está composta por unha cabeza redondeada, denominada masa, que é a única parte comestible, rodeada de grosas follas verdes. A cor da masa pode ser branca amarelada, verde o violeta segundo a variedade cultivada, pero se ten manchas, inflorescencias separadas ou partes brandas na masa, significa que está vella. O seu tamaño pode alcanzar os 30 centímetros de diámetro e pode chegar a pesar máis de 2 kg. Ten un sabor suave e, en ocasións, lixeiramente dulzón.

Coliflor crúa
Valor nutricional por 100 g
Enerxía104 kJ (25 kcal)
5 g
Azucres1.9 g
Fibra alimentaria2 g
0.3 g
1.9 g
VitaminasCantidade
%DV
Tiamina (B1)
4%
0.05 mg
Riboflavina (B2)
5%
0.06 mg
Niacina (B3)
3%
0.507 mg
Ácido pantoteico (B5)
13%
0.667 mg
Vitamina B6
14%
0.184 mg
Ácido fólico (B9)
14%
57 μg
Vitamina C
58%
48.2 mg
Vitamina E
1%
0.08 mg
Vitamina K
15%
15.5 μg
MineraisCantidade
%DV
Calcio
2%
22 mg
Ferro
3%
0.42 mg
Magnesio
4%
15 mg
Manganeso
7%
0.155 mg
Fósforo
6%
44 mg
Potasio
6%
299 mg
Sodio
2%
30 mg
Cinc
3%
0.27 mg
Outros constituíntesCantidade
Auga92 g

As porcentaxes son aproximadas empregando a recomendación de US para os adultos.
Fonte: Base de datos USDA Nutrient


Notas editar

Véxase tamén editar

Outros artigos editar


 
 Este artigo sobre botánica é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.