Col
Col | |||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Plantas de col brava ou col de pena | |||||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||||
Brassica oleracea L.,Sp. Pl., vol. 2, p. 667. 1753 [1] |
A col, coella ou coia[1] é un termo botánico xeral que se refire a distintas variedades cultivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena). Son plantas do xénero Brassica pertencentes á familia das brasicáceas. Teñen grande importancia na alimentación, e moita na gastronomía galega, xa que hortícolas coma o repolo, as verzas, o brócoli, as coles de Bruxelas ou a coliflor son variedades desta mesma especie.
A col tamén recibe nalgunhas zonas os nomes de coube e coubella.
Distribución e hábitat
editarA col brava é nativa da costa do sur e do oeste de Europa. Ten o seu cultivo unha tolerancia boa aos solos con alto contido de sal e xeso mais posúe unha intolerancia a outros contornos que a fan competir con outras plantas en inferiores condicións. Por esta razón o seu hábitat se reduce a solos de calcaria en cantís.
Descrición
editarA Brassica oleracea é unha planta bienal que forma unha especie de roseta de follas durante o primeiro ano de cultivo, as follas desta variedade son sempre carnosas e teñen proteínas capaces de lles facer almacenar auga e nutrientes. No seu segundo ano, os almacéns de nutrientes fan que se forme unha inflorescencia amarela dun ou dous metros de altura.
Cultivo e usos
editarEsta variedade foi cultivada durante centos de anos, e nun amplo abano de cultivos incluso repolo, verza, brócoli, coliflor e outras plantas recoñecíbeis dentro da mesma especie. Trátase dunha das plantas máis importantes para ser empregadas coma alimento humano. De acordo coa teoría do Triángulo da U, a B. oleracea está moi relacionada con outras cinco especies do xénero Brassica. Os grupos de cultivo de B. oleracea están agrupados en sete grupos de cultivo, dos cales o grupo da Acephala ten as variedades máis salvaxes ou bravas en aparencia:
- Brassica oleracea Grupo Acephala - col de follas (col verde) e verza (col galega)
- Brassica oleracea Grupo Alboglabra - kai-lan (brócoli chinés)
- Brassica oleracea Grupo Botrytis - coliflor (e romanesco)
- Brassica oleracea Grupo Capitata - repolo (e col de Savoia)
- Brassica oleracea Grupo Gemmifera - col de Bruxelas
- Brassica oleracea Grupo Gongylodes - col ravo
- Brassica oleracea Grupo Italica - brócoli
Cómpre mencionar tamén o Brassicoraphanus ou Raphanobrassica, xénero híbrido entre o ravo e o repolo.
Algúns (en especial col de Bruxelas e brócoli) conteñen altos niveis de sinigrina que axudaría a previr o cancro de duodeno.
Pragas e enfermidades
editar- - Helicoverpa armigera Cadela da verdura, eiruga da coia[2].
- - Pulgóns.
- - Vermes cinsentos
- - Gurgullo das coles.
- - Hernia da col[3].
- - Brevicoryne brassicae pulgón da verza[4].
- - Pieris brassicae bolboreta da col, bolboreta da verza.
- - Pieris rapae bolboreta pequena da col.
Etnografía
editarRefráns
editar- As coles de San Antoniño manteñen ao dono e ao veciño.
- Coles e nabos, pra nunha son entrambos [5].
- Dálle coles por San Xoán a quen queiras de fame matar.
- Entre col e col, leituga.
- Nabos e coles, comer de señores.
- O que quer a col, quer as follas do seu arredor.
- Regoldádevos, coles, que andan os nabos cocendo no pote [6].
Sinonimia
editar- Brassica alba Boiss. nom. illeg.
- Brassica alboglabra L.H.Bailey
- Brassica arborea Steud.
- Brassica bullata Pasq.
- Brassica campestris subsp. sylvestris (L.) Janch.
- Brassica capitala DC. ex H.Lév.
- Brassica cauliflora Garsault nom. invalid.
- Brassica caulorapa (DC.) Pasq.
- Brassica cephala DC. ex H.Lév.
- Brassica fimbriata Steud.
- Brassica gemmifera H.Lév.
- Brassica laciniata Steud.
- Brassica maritima Tardent
- Brassica millecapitata H.Lév.
- Brassica muscovita Steud. nom. invalid.
- Brassica odorata Schrank ex Steud. nom. invalid.
- Brassica peregrina Steud. nom. invalid.
- Brassica quercifolia DC. ex H.Lév.
- Brassica rubra Steud.
- Brassica sabauda (L.) Lizg.
- Brassica sabellica Pers. nom. invalid.
- Brassica suttoniana H.Lév.
- Brassica sylvestris (L.) Mill.
- Crucifera brassicaE.H.L.Krause
- ?Rapa rotunda Mill. Unresolved
- Raphanus brassica Crantz nom. illeg.
Ademais, todos os innumerábeis táxones infraespecíficos descritos son meros sinónimos da especie [7].
Notas
editar- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para col.
- ↑ Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988.
- ↑ Nome vulgar en galego en Vocabulario do medio agrícola, Santiago de Compostela, Dirección Xeral de Política Lingüística, 1988
- ↑ Vocabulario de ciencias naturais Santiago de Compostela, 1991
- ↑ Para nunha (familia, comida, grupo, cousa) son ... É dicir son comida do mesmo tipo, son compatibles, casan ben. Pardo Bazán (Los pazos de Ulloa, 1886) utilizou esta expresión: " Las familias no podían ser mejores ni más para en una; las clases, iguales...". O refrán tamén corre en castelán: Coles y nabos para en una son entreambos.
- ↑ Eladio Rodríguez González (1958-1961): Diccionario enciclopédico gallego-castellano, Galaxia, Vigo
- ↑ Brassica en The Plant List
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Col |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Col |