Brassica
xénero Brassica | |||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Brassica rapa | |||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||
| |||||||||||||
especies | |||||||||||||
véxase texto. |
Brassica é un xénero botánico da familia Brassicaceae, que comprende numerosas especies utilizadas polo ser humano como condimento ou alimento, de grande importancia na horticultura e na agricultura, como os nabos, repolos ou as verzas. O xénero é nativo do oeste de Europa, rexión mediterránea e rexións de clima temperado de Asia. Tamén inclúe plantas bravas. Son plantas importantes na gastronomía galega: repolo, nabo (nabiza, grelo), verzas etc.
Hai máis de 30 especies bravas e híbridos, e numerosos cultivares adicionais e híbridos de orixe cultivada. Moitas son anuais ou bienais, e algunhas son pequenos arbustos.
Hoxe en día o xénero é cultivado mundialmente. Nalgunhas especies, case todas as partes son comestíbeis, incluída a raíz, coma na rutabaga ou no nabo (carola, grelos e nabizas), os talos (col ravo), as follas (repolo, coia de Bruxelas), as flores (coliflor, brócoli), as sementes (mostaza e a colza Brassica napus). Algunhas formas con follaxe branca ou púrpura ou cabezas florais úsanse para ornamentar.
As especies de Brassica son consumidas polas larvas de varias especies de Lepidoptera (bolboretas e avelaíñas).
Por mor á súa importancia agrícola, as Brassica teñen moito interese científico. As estreitas relacións entre seis especies particularmente importantes (Brassica carinata, B. juncea, B. oleracea, B. napus, B. nigra e B. rapa) descríbense na chamada teoría do Triángulo de U.
Especies
editarDos case 1.000 táxones descritos, só unhas 40 especies e uns 80 táxones infra-específicos son considerados válidos e aceptados. Practicamente todos os outros son meros sinónimos.[1] A listaxe a seguir é unha lista abreviada, con énfase na importancia económica.
- B. carinata: mostaza de Abisinia
- B. elongata: mostaza longa
- B. fruticulosa: repolo mediterráneo
- B. juncea: mostaza parda
- Brassica napus: colza
- Brassica napus var. napobrassica, ou Brassica napobrassica: rutabaga
- Brassica nigra: mostaza negra
- Brassica oleracea: coles ou coias, col brava:
- Brassica oleracea var. acephala: verza, col galega.
- Brassica oleracea convar. acephala var. sabellica: col de follas, ou crespa, kale
- Brassica oleracea var. viridis: repolo
- (Brassica oleracea convar. capitata var. sabauda: col de Savoia
- Brassica oleracea var. capitata f. rubra: lombarda, col vermella
- Brassica oleracea gongylodes: col ravo
- Brassica oleracea var. botrytis: coliflor e romanesco
- Brassica oleracea var. gemmifera: col de Bruxelas
- Brassica oleracea italica: brócoli
- Brassica perviridis: tender green, mustard spinach
- Brassica rapa: nabos, nabo bravo.
- Brassica rapa var. rapa: nabo branco, nabo cultivado (grelos e nabizas)
- Brassica rapa var. pervidis ou var. komatsuna: komatsuna ou espinaca xaponesa
- Brassica rapa ssp. rapa f. teltowiensis, nabo de Teltow
- Brassica pekinensis ou Brassica rapa var. pekinensis: col chinesa
- Brassica narinosa: ou Brassica rapa var. narinosa: tatsoi' ou mostaza espinaca.
- Brassica tournefortii: mostaza asiática
Nomes obsoletos
editar- B. kaber (mostaza brava): véxase Sinapis arvensis
- B. alba ou B. hirta (mostaza branca ou amarela): véxase Sinapis alba
Notas
editar- ↑ "Género Brasssica en The Plant List". Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2013. Consultado o 03 de setembro de 2013.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Brassica |