Col (homónimos)
páxina de homónimos de Wikimedia
Esta é unha páxina de homónimos, unha axuda de navegación que presenta unha lista de páxinas que comparten o mesmo título porque se pronuncian ou escriben igual. Se chegaches aquí a través dunha ligazón interna, quizais desexes corrixila de modo que apunte ao artigo axeitado. Podes axudarte do detector de homónimos, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → ![]() |
O termo col pódese referir a:
Botánica editar
Diferentes especies botánicas:
xénero Brassica editar
- Col ou coia en galego adoita referirse aos nomes comúns das diferentes variedades derivadas a partir da especie Brassica oleracea (col brava ou col de pena) , plantas comestíbeis da familia das brasicáceas (tamén reciben os nomes de coella, coubella e coube):
- Verza, Brassica oleracea var. acephala, planta de cano alto, follas largas e comestibles (as verzas propiamente ditas), e flores amarelas en acio, moi típica das leiras e cortiñas de Galiza, col galega, coia galega, col.
- Repolo (Brassica oleracea var. viridis), col.
- Col de Bruxelas (Brassica oleracea var. gemmifera), coia de Bruxelas.
- Col de Savoia (Brassica oleracea L. convar. capitata (L.) Alef. var. sabauda L.), coia de Savoia.
- Col lombarda' (Brassica oleracea var. capitata f. rubra), lombarda, coia lombarda.
- Col ravo (Brassica oleracea gongylodes), coia ravo.
- Col chinesa (Brassica pekinensis ou Brassica rapa pekinensis), coia chinesa.
- Col de follas (Brassica oleracea convar. acephala var. sabellica), col verde, coia de follas, verza col.
Outros xéneros editar
- Col mariña (Crambe maritima), col mariñá, coia mariña.
- Pringlea antiscorbutica, col de Kerguelen.
- Kai-lan, col rizada chinesa ou col verde chinesa.
Outros significados editar
- Escultura
- Col de xadeíta, ou repolo de xadeíta, anaco de xadeíta tallada coa forma dunha cabeza de col chinesa, cunha lagosta e un saltón (tipo Tettigoniidae) agochados entre as súas follas.
- Xeografía
- Colombia, abreviatura do país de América do sur.
- Peso colombiano, ás veces abreviado coma COL$.
- Colima, un dos 32 estados de México.
- Porto de montaña, en lingua francesa:
- Col d'Aubisque, nos Pireneos franceses.
- Col d'Izoard, nos Alpes franceses.
- Col d'Aspin, nos Pireneos franceses.
- Col de Peyresourde, nos Pireneos franceses.
- Col de Pierre Pertuis, nos Alpes.
- Col de Portet-d'Aspet, nos Pireneos franceses.
- Col de Puymorens.
- Col de la Croix de Fer, nos Alpes franceses.
- Col de la Madeleine, nos Alpes franceses.
- Col du Galibier, na rexión sur de Francia.
- Col du Tourmalet, nos Pireneos franceses.
- Col du Télégraphe, nos Alpes franceses.
- Col Nudo, a montaña máis alta dos Prealpes Vénetos en Italia.
- Livinallongo del Col di Lana, vila italiana da provincia de Belluno, rexión de Véneto.
- Música
- Col legno, anotación na partitura musical.
- Col.Tempo, o primeiro álbum da banda xaponesa Oyuugi Wagamama Dan x PaRADEiS.
- Organizacións
- Col·lectiu d'Obrers en Lluita (Colectivo de Obreiros en Loita), sindicato catalán desaparecido.
- Relixión
- Epístola aos colosenses, abreviada Col.
- Preposición
- Encol de: nun lugar superior respecto doutra cousa coa que está en contacto físico.