Tomate
Tomate | |||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Tomates maduros in situ. | |||||||||||||||||
Clasificación científica | |||||||||||||||||
| |||||||||||||||||
Nome binomial | |||||||||||||||||
'Solanum lycopersicum' L., Sp. Pl., vol. 1, p. 185, 1753 [1] non Lam., Tabl. Encycl., 2: 17, 1794 | |||||||||||||||||
Sinonimia | |||||||||||||||||
|
O tomate ( pronunciación (axuda · info)) ( do náhuatl tomatl ) é a froita da tomateira (Solanum lycopersicum; Solanaceae), aínda que impropiamente tratado como legume, amplamente cultivada e consumida polos pobos da América do Sur e central precolombianas, e hoxe coñecida en todo o mundo.
Orixe
editarA maioría dos botánicos atribúe a orixe do cultivo e consumo (e mesmo a selección xenética) do tomate como alimento á civilización inca do antigo Perú, o que deducen por aínda persistir naquela rexión unha gran variedade de tomates salvaxes e algunhas especies de domesticados (verdes) só alí coñecidas.
Crese que o tomate da variedade Lycopersicum cerasiforme é a ancestral da maioría das especies comerciais actuais, e que foi levada do Perú e introducida polos pobos antigos na América Central, posto que esta variedade foi amplamente cultivada en México.
Outros estudosos pensan que o tomate é orixinario do propio México, non só polo nome pertencer tipicamente á maioría dos dialectos locais (Náuatls), senón porque as cerámicas incas non rexistraron o uso do tomate nos utensilios domésticos, como era costume.
Os primeiros replican a esta obxección, argumentando que moitas outras froitas e alimentos dos incas tampouco foron representados nas cerámicas.
Descuberta do tomate
editarÉ falsa a noción de que, polo longo uso nos mollos das pastas, o tomate teña orixe en Italia ou mesmo longo uso na cociña italiana.
O tomate xa se cultivaba 700 anos a.C. en México, e no antigo Perú, antes da formación do Imperio Inca. O tomate sempre se consumiu nas civilizacións incas, maias e aztecas e pertence a un extenso rol de alimentos da América precolombiana descoñecidos do Vello Mundo, do cal fan parte o millo, varios tipos de feixóns, patacas, froitas como o aguacate, e o cacao (de cuxas sementes se fai o chocolate), ademais de artigos de uso nativo que se difundiran, como a goma de mascar (seiba de Sapota (ou sapoti)) e tabaco.
Os españois levaron o tomate a Europa e parece que os primeiros tomates que se cultivaron en Italia eran de cor amarela. En 1554 foron descritos polo botánico italiano Piero Andrea Mattioli como "pomo d'oro", mazá dourada, de aí o nome de "pomodoro"; na Francia do século XVIII foron coñecidos como "pomme d'amour" (ou mazá de amor); hoxe os de cor vermella están máis estendidos.
Inicialmente o tomate considerábase velenoso polos europeos e cultivado só para efectos ornamentais. Soamente no século XIX o tomate pasou a ser consumido e cultivado en escala cada vez maior, inicialmente en Italia, despois en Francia e España.
Notas
editarVéxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Tomate |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Tomate |
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- 20.000 diferentes tipos de tomates do mundo, artigo en Ethno-Botanik.org.