Calahorra
Calahorra é unha cidade da Comunidade Autónoma da Rioxa, pertencente á comarca de La Rioja Baja.
Historia e característicasEditar
Ten 24.338 habitantes, segundo os datos do INE para o ano 2008, nunha extensión de 91,41 km² cunha densidade poboacional de 259,36 hab./km². Ostenta os títulos de Moi Nobre, Moi Leal e Fiel Cidade.
É a segunda cidade da Comunidade Autónoma da Rioxa en importancia e poboación tras a capital, Logroño.
Calahorra, ademais, é berce do gran mestre en oratoria Marco Fabio Quintiliano, autor de varios textos e mestre na corte romana. Na súa honra eríxese unha estatua fronte ao Concello.