Estación de Betanzos-Infesta

Coordenadas: 43°16′15″N 8°13′34″O / 43.2707, -8.22615

A estación de Betanzos-Infesta é unha estación de tren de Adif situada na Infesta, ao suroeste da vila de Betanzos, na provincia da Coruña. Ten servizos de longa e media distancia operados por Renfe.

Betanzos - Infesta
Vista xeral da estación.
SituaciónBetanzos
Liñas
Longa DistanciaAlvia, Trenhotel
Media distanciaMD

Situación ferroviaria editar

A estación atópase no punto quilométrico 524,4 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Oza dos Ríos e Cecebre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Ademais, é o punto de partida dun pequeno ramal duns 40 quilómetros que une Betanzos con Ferrol[1]. A seguinte estación no percorrido é Betanzos-Cidade. O tramo tamén é de vía única e está sen electrificar.

Historia editar

A estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885.

Pola súa parte, o ramal a Ferrol data de 1913.[2] Realmente este ferrocarril empezouse a xestar desde que quedou acabado o tramo A Coruña-Lugo. Con todo, as poxas que se foron realizando fóronse pechando sen lograr un adxudicatario o que levou finalmente ao Estado para encargarse da obra.

En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na reción creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.

A estación editar

O edificio de viaxeiros é unha estrutura de dous pisos que loce un aspecto clásico. A estación atópase situada na Infesta, pertencente á parroquia de Requián, ao suroeste do núcleo urbano de Betanzos. Conta con tres plataformas, das cales unha é lateral e as outras dúas son centrais, ás que acceden tres vías. Dúas das plataformas están cubertas por marquesiña. A estación consta dun total de catro vías pasantes, ás que se lles suma unha vía morta.

A cincuenta metros da entrada da estación atópase unha parada de autobús de Transporte Metropolitano de Galicia, con servizos regulares ao centro urbano de Betanzos e outras localidades.

Servizos ferroviarios editar

Longa distancia editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Trenhotel Atlántico Madrid-Chamartín Ávila · Medina del Campo · Valladolid-Campo Grande · Venta de Baños · Palencia · Sahagún · León · Veguellina · Astorga · Bembibre · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 6 trens semanais por sentido
Trenhotel Galicia Barcelona-Sants Camp de Tarragona · Lleida-Pirineus · Zaragoza-Delicias · Tudela de Navarra · Castejón de Ebro · Logroño · Miranda de Ebro · Burgos-Rosa de Lima · Palencia · León · Astorga · Ponferrada · O Barco de Valdeorras · A Rúa-Petín · San Clodio-Quiroga · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Curtis · Betanzos-Infesta A Coruña 1 tren diario por sentido

Media distancia editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <>  Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Notas editar

  1. 1,0 1,1 Rede ferroviaria española Arquivado 18 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
  2. 2,0 2,1 Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
  3. Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Ligazóns externas editar