Estación de Segovia-Guiomar

Segovia-Guiomar é a estación ferroviaria de alta velocidade de Adif da cidade de Segovia. Atópase na liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, a uns 6 quilómetros do centro da cidade, na contorna do polígono industrial de Hontoria.

Estación de Segovia-Guiomar

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
EpónimoPilar de Valderrama (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
Instalaciónsventa de billetes Cantina aparcamiento Accesible PMR Información
Localización
Mapa
 40°54′N 4°06′O / 40.9, -4.1
EstadoEspaña
Comunidade autónomaCastela e León
Provinciaprovincia de Segovia
ConcelloSegovia Editar o valor en Wikidata
Código postal40006 Editar o valor en Wikidata
Datas
Fundación23 de decembro de 2007 Editar o valor en Wikidata
Inauguración2007 Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria08004 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenLiña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónAlta Velocidade Española, Alvia e Avant Editar o valor en Wikidata
Alta velocidadeAVE
Avant
Longa distanciaAlvia
Outros transportesTaxi
Autobús urbano
Alugamento de vehículos
Persoas e organizacións
PropietarioAdif Editar o valor en Wikidata
OperadorAdif Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 68,3 da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid, entre as estacións de Madrid-Chamartín e Valladolid-Campo Grande.

 
Estación de Segovia-Guiomar con Peñalara ao fondo.

Historia

editar

A construción foi inaugurada o 22 de decembro de 2007 coincidindo coa inauguración da liña de alta velocidade Madrid-Segovia-Valladolid.[1] Foi inaugurada polo presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, o presidente da Xunta de Castela e León Juan Vicente Herrera, a ministra de Fomento Magdalena Álvarez e o alcalde de Segovia Pedro Arahuetes, entre outras autoridades.

Denominación

editar

O nome de Segovia-Guiomar foi elixido por Adif e segue as pautas marcadas polas que o nome da estación debía ser: feminino, relacionado coa cidade de Segovia e que non tivese carácter relixioso. Descartouse así a idea de chamala Isabel a Católica polas connotacións obviamente relixiosas. O nome adoptado corresponde a Pilar de Valderrama na vida real; Guiomar na poesía de Antonio Machado a cal foi parella de autor; o cal pasou un longo período da súa vida traballando na cidade de Segovia. Machado foi catedrático de francés do Instituto de Segovia de 1919 a 1932, sendo usuario habitual do ferrocarril para desprazarse a Madrid.

A estación

editar

A estación responde a un deseño tipo ponte, é dicir: atópase sobre as vías.

Atópase a uns 300 metros da autoestrada AP-61 (Segovia-San Rafael). Nun principio o acceso a esta estación foi algo precario, xa que a celeridade coa que se puxo en marcha a liña ferroviaria e a propia estación desbordou a administración municipal; o viario de acceso anterior foi o que veu usando polos vehículos pesados durante a magna obra de construción da estación, a liña de alta velocidade así como dos túneles de Guadarrama que dan servizo a esta liña constituídos por dúas bocas de 28 quilómetros cada unha converténdose nun dos cinco túneles ferroviarios máis grandes do mundo, cuxa saída norte sitúase a escasos metros de Segovia Guiomar.

Hoxe en día a estación goza dun mellor acceso que parte da saída da cidade que sae cara a AP-61. Un dos puntos fortes da obra foi a ponte sobre a SG-20 (estrada de circunvalación de Segovia) e que alcanza unha luz máxima de 12 metros de taboleiro de formigón armado.

Servizos ferroviarios

editar

Longa distancia

editar

Actualizado a 24 de xuño de 2016.

Tren Orixe Paradas intermedias Destino Observacións
AVE Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia León 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 2/3 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Laudio Bilbao-Abando 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún Hendaia 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 3/4 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Monforte de Lemos · Sarria · Lugo · Guitiriz · Teixeiro · Curtis · Betanzos-Infesta · Betanzos-Cidade · Pontedeume Ferrol 2 trens diarios por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren diario por sentido
Alvia Madrid-Chamartín Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Sahagún · León · Pola de Lena · Mieres-Puente · Oviedo Xixón 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Palencia · Aguilar de Campoo · Reinosa · Torrelavega Santander 1 tren diario por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Santiago de Compostela A Coruña 1 tren semanal por sentido
Alvia Alacant-Terminal Villena AV · Albacete-Los Llanos · Cuenca-Fernando Zóbel · Madrid-Puerta de Atocha · Madrid-Chamartín · Segovia-Guiomar · Medina del Campo · Zamora · Pobra de Seabra · A Gudiña · Ourense-Empalme · Guillarei · Redondela · Vigo-Guixar Pontevedra 1 tren semanal por sentido
  1. "Zapatero inaugura a nova estación do AVE Segovia-Guiomar". El Economista. 22 de decembro de 2007. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar