Apeadoiro de Cecebre

estación ferroviaria en Cecebre, no concello de Cambre

Cecebre é un apeadoiro ferroviario de Adif situado na parroquia de Cecebre, no concello de Cambre, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.

Apeadoiro de Cecebre

Tipoestación de ferrocarril Editar o valor en Wikidata
Uso(s)en funcionamento Editar o valor en Wikidata
Localización
Mapa
 43°17′N 8°19′O / 43.29, -8.31
LocalizaciónCambre Editar o valor en Wikidata
Transporte
Código de estación ferroviaria20402 Editar o valor en Wikidata
Número de plataformas1 Editar o valor en Wikidata
Liña de trenLiña Palencia - A Coruña Editar o valor en Wikidata
Servizo de conexiónMedia Distancia Renfe Editar o valor en Wikidata
Media distanciaMD
Persoas e organizacións
Propietario/aAdif Editar o valor en Wikidata
Operador/aRenfe Operadora Editar o valor en Wikidata
Wikidata ]

Situación ferroviaria

editar

A estación atópase no punto quilométrico 533,1 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Betanzos-Infesta e Cambre. O tramo é de vía única e está sen electrificar.

Historia

editar

Cando se inaugurou o tramo A Coruña-Lugo da liña Palencia-A Coruña o 10 de outubro de 1875[2], non se dispuxo de ningunha parada na zona. O apeadoiro foi construído posteriormente sen que conste a súa data exacta de apertura. Dá nome á aldea de Apeadeiro.

A estación

editar

As súas instalacións dispoñen dun edificio de planta baixa, con aspecto de vivenda propio dalgunhas construcións ferroviarias da década de 1970 recuberto por un tellado dunha soa vertente. Conta cunha única plataforma lateral á que accede a vía principal.

Servizos ferroviarios

editar

Media distancia

editar

Actualizado a 18 de xuño de 2016.

Liñas Trens Orixe/Destino <> Destino/Orixe
4 MD A Coruña <> Monforte de Lemos
Ourense-Empalme
5 MD A Coruña <> Ferrol

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar