Estación de Oza dos Ríos
Oza dos Ríos é unha estación de tren de Adif situada na vila de Oza, no concello de Oza-Cesuras, provincia da Coruña. Ten servizos de media distancia operados por Renfe.
Estación de Oza dos Ríos | ||||
---|---|---|---|---|
![]() | ||||
Tipo | estación de ferrocarril ![]() | |||
Uso(s) | en funcionamento ![]() | |||
Localización | ||||
| ||||
Estado | España | |||
Comunidade autónoma | Galicia | |||
Provincia | provincia da Coruña | |||
Concello | Oza-Cesuras ![]() | |||
Transporte | ||||
Código de estación ferroviaria | 20320 ![]() | |||
Número de plataformas | 2 ![]() | |||
Liña de tren | Liña Palencia - A Coruña ![]() | |||
Servizo de conexión | Media Distancia Renfe ![]() | |||
Media distancia | MD | |||
Persoas e organizacións | ||||
Propietario/a | Adif ![]() | |||
Operador/a | Renfe Operadora ![]() | |||
[ Wikidata ] |
Situación ferroviaria
editarA estación atópase no punto quilométrico 515,3 da liña férrea de ancho ibérico que une León e A Coruña[1], entre as estacións de Cesuras e Betanzos-Infesta. O tramo é de vía única e está sen electrificar.
Historia
editarA estación foi inaugurada o 10 de outubro de 1875 coa o apertura do tramo A Coruña-Lugo da liña férrea que pretendía unir Palencia coa Coruña.[2] A Compañía dos Ferrocarrís de Asturias, Galicia e León foi a encargada das obras.[3] Dita compañía creouse para continuar coas obras iniciadas por Noroeste e xestionar as súas liñas ante a quebra da mesma. Con todo a situación financeira desta última tamén se volveu rapidamente delicada sendo absorbida por Norte en 1885. En 1941, a nacionalización do ferrocarril en España supón a desaparición desta última e a súa integración na recentemente creada Renfe.
Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Servizos ferroviarios
editarMedia distancia
editarActualizado a 18 de xuño de 2016.
Liñas | Trens | Orixe/Destino | <> | Destino/Orixe |
---|---|---|---|---|
4 | MD | A Coruña | <> | Monforte de Lemos Ourense-Empalme |
Notas
editar- ↑ Rede ferroviaria española Arquivado 23 de setembro de 2010 en Wayback Machine. Ministerio de Fomento.
- ↑ Cronología básica del ferrocarril español de vía ancha Arquivado 14 de outubro de 2013 en Wayback Machine. Fundación de los Ferrocarriles Españoles
- ↑ Asturias á Galicia y León (A.G.L.) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España Arquivado 29 de agosto de 2018 en Wayback Machine. Spanishrailway