Oza-Cesuras

concello da provincia da Coruña dende 2013
Véxase tamén: Oza dos Ríos e Cesuras.

Oza-Cesuras é un concello da provincia da Coruña, pertencente á comarca de Betanzos creado o 6 de xuño de 2013 a partir da fusión dos concellos de Oza dos Ríos e Cesuras.[1] Segundo o IGE o 1 de xaneiro de 2018 tiña 5155 habitantes.

Modelo:Xeografía políticaOza-Cesuras
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 43°10′N 8°12′O / 43.17, -8.2
EstadoEspaña
Comunidade autónomaGalicia
ProvinciaProvincia da Coruña Editar o valor en Wikidata
CapitalOza Editar o valor en Wikidata
Poboación
Poboación5.203 (2023) Editar o valor en Wikidata (34,28 hab./km²)
Lingua oficiallingua galega Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie151,8 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude389 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación7 de xuño de 2013 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Alcalde Editar o valor en WikidataJosé Pablo González Cacheiro Editar o valor en Wikidata
Eleccións municipais en Cesuras
Eleccións municipais en Oza-Cesuras Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Código postal15380–15391 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Código INE15902 Editar o valor en Wikidata

Sitio webconcellodeozacesuras.es… Editar o valor en Wikidata

Xeografía

editar

Situación

editar

O Concello de Oza-Cesuras ten unha superficie de 151,8 km² e abrangue 25 parroquias. Está na comarca de Betanzos e limita ó norte con Betanzos e Coirós, ó sur con Curtis, Mesía e Vilasantar, ó leste con Aranga e ó oeste con Abegondo.

Orografía

editar

O concello está na zona de baixada entre a meseta de Curtis e os vales dos ríos Mendo e Mero e Mandeo. O Mendo e o Mandeo descorren desde a parte central e sur do concello ata a súa case chegada á ría de Betanzos. Nese comezo, no sur, é onde están as maiores altitudes: alí están os montes da Tieira, do Lago, da Pena Moura ou do Brueiro, que están arredor dos 540 metros. O Mero descorre polo noroeste do concello e forma un amplo val lindando con Abegondo. No comezo desta parte as altitudes son de 450 metros e descenden dun xeito acusado ata o Mero. Ao comezo dos afluentes dos tres ríos, en especial no centro sur, as zonas do relevo son accidentado e os vales profundos. Como exemplo, destacan as pendentes dos vales de Filgueira de Barranca.

De leste a oeste as pendentes diminúen. A zona leste, como os arredores de Rodeiro, son unha zona alta chá, e orograficamente está ligada á comarca da Terra Chá. As zonas máis centrais do concello son zonas de baixadas acusadas e de vales encaixados. Por último, a zona oeste é de pendentes máis suaves.

Hidrografía

editar
 
Fervenza do Mendo.

O Mero, que nace na Tieira, Borrifáns, vai cara ao sur, servindo de límite natural polo oeste con Abegondo.

O río Mendo nace nas proximidades da Illana, Curtis, e percorre o concello desde Filgueira de Barranca. Ao seu paso por Bragade recibe o nome de río da Forcada.

O río Corbeiro, afluente do Mero, nace nos Leiros e Castelo en Dordaño. O río de Fornelos, afluente do Mendo, nace nos altos de Trasanquelos. Máis ao norte están o río Miñatos e o río Mendo, os seus cursos altos. Descorren por territorio de ribeira e bocarribeira.

O clima é de tipo atlántico húmido, sendo a temperatura media anual de 12 °C e as precipitacións de 850 a 1750 mm./ano.

Demografía

editar

Para os históricos de poboación anteriores a 2012 véxase as páxinas do Concello de Oza dos Ríos e o Concello de Cesuras.

Evolución da poboación
Censo Total 5.275 (2014)
Menores de 15 anos 438 (8.30 %)
Entre 15 e 64 anos 3.058 (57.97 %)
Maiores de 65 anos 1.779 (33,72 %)

Historia

editar

Fusión Oza-Cesuras

editar
 

En marzo de 2012 iniciouse un proceso de fusión dos concellos de Oza dos Ríos e de Cesuras[2]. O 11 de xaneiro de 2013 os dous concellos aprobaron a fusión nos respectivos plenos da corporación municipal[3]. O 22 de febreiro a Deputación da Coruña e o 6 de xuño de 2013 a Xunta de Galicia aprobaron o decreto da fusión dos concellos Oza dos Ríos e Cesuras polo que se crea o concello de Oza-Cesuras[4].

No 2013 o deseñador betanceiro Luís Galán creou a nova bandeira do concello que presenta a fusión, en cor vermella, de dúas cruces, as das igrexas de San Xiao de Mandaio (Cesuras) e San Pedro de Porzomillos (Oza dos Ríos)[5].

Cultura

editar

Toponimia

editar

Co acordo de fusión dos dous concellos estableceuse o nome de "Oza-Cesuras", froito da unión dos topónimos de Oza, Oza e Cesuras, Dordaño, e que foran lugares que deran nome aos concellos. Os xentilicios de Cesuras eran cesurán/cesurá e o de Oza dos Ríos tíñase indicado que ocense. As posibilidades, non fixadas, do novo xentilicio serían "ozacesurán" ou "ocesurán".[6]

Patrimonio

editar

Patrimonio arqueolóxico

editar

No concello hai máis de 50 mámoas catalogadas en máis de 9 conxuntos, especialmente nas zonas máis elevadas. Algúns destes son:[7][8]

Os castros catalogados son[7][8]:

 
Castro de Muruxeses.

Existe ademais unha lápida sepulcral en Belén, Rodeiro.[7]

O sitio arqueolóxico romano "Forno do Lopo", agora abandonado, descubriuse nos anos 1970 e coñécese que foi un forno cerámico datado despois do século III.[7]

Patrimonio arquitectónico

editar

Os casaríos e pazos a destacar son[7][8]:

Nos ríos do concello hai varios muíños de interese. En Soxal está situado o muíño de Forcada, restaurado. Máis abaixo está o encoro de Buxía e o muíño de Delgado, e en Trasanquelos o muíño de Buxía.

As pontes a destacar son[7][8]:

Patrimonio relixioso

editar

No concello están as seguintes igrexas e mosteiros[7][8]:

Nome Parroquia Lugar
Mosteiro e igrexa de San Nicolao de Cis Cis
Santo Estevo de Vivente Vivente
Santa María de Cuíña Cuíña
Santa Cruz de Mondoi Mondoi
San Pedro de Porzomillos Porzomillos
San Pedro de Oza Oza
Santo Estevo de Parada Parada
Santa Tomás de Reboredo Reboredo
Santiago de Reboredo Reboredo
Santa María de Regueira Regueira
San Martiño de Bandoxa Bandoxa
Santa María de Rodeiro Rodeiro
San Pedro de Borrifáns Borrifáns A Igrexa
San Mamede de Bragade Bragade O Forte
San Vicenzo de Carres Carres A Igrexa
Santa María de Cutián Cutián A Igrexa
Santa María de Dordaño Dordaño A Igrexa
Santa María de Figueredo Figueredo Figueredo de Abaixo
San Pedro de Filgueira de Barranca Filgueira de Barranca O Igrexario
San Miguel Filgueira de Traba A Igrexa
San Estevo de Loureda Loureda A Igrexa
San Xiao Mandaio Quintá
Santiago de Paderne Paderne A Igrexa
Santaia de Probaos Probaos A Igrexa
San Salvador Trasanquelos

Existen as ermidas e capelas de[7][8]:

Nome Parroquia Lugar
San Vicente Salto A Eirexa
Capela do Socorro, Oza Pazo de Paio
San Benito Oza Maial
Nosa Señora da Trindade Parada As Capelas, O Enxertado
Nosa Señora do Carme Parada As Capelas, O Enxertado
A Barrosa Bandoxa A Barrosa
Ermida de San Xoán Cuíña Bendrade, Cuíña
San Gregorio Borrifáns San Gregorio
Capela do Rosario Dordaño A Capela
San Antonio Filgueira de Traba As Cernadas/A Anella
San Xoán Loureda No pazo de Loureda, Os Currás
San Xoán do Coto Paderne O Coto
Ermida de San Vicenzo Trasanquelos O Carballal
Capela de Belén Rodeiro A Graña
Santo André Rodeiro O Brueiro
San Vicente Salto A Eirexa

Entre os cruceiros están[7][8]:

Nome Parroquia Lugar
O do campo da Igrexa Porzomillos
O Cruceiro Regueira
Belén Rodeiro A Graña
As Capelas Parada
Campo da festa Rodeiro Campo da festa
Cruceiro-monumento ao Sagrado Corazón Bragade O Forte
San Vicenzo Carres O Vieiro
Santa María Cutían A Igrexa
Santa María Dordaño A Igrexa
Santa María Figueredo Figueredo de Abaixo
Cruceiro novo de Santa María Figueredo Figueredo de Abaixo
San Pedro Filgueira de Barranca O Igrexario
Capela de San Antonio Filgueira de Barranca
San Miguel Filgueira de Traba A Igrexa
San Xiao Madaio Quintá
Santiago de Pardene Paderne A Igrexa
Capela de San Xoán Paderne
Santalla de Probaos Probaos A Igrexa
Cruceiro do Carballal Trasanquelos O Carballal

Hai casas reitorais en[7][8]:

Nome Parroquia Lugar
Santa María de Cuíña Cuíña
Santa Cruz de Mondoi Mondoi
Santa María de Regueira Regueira
Santa María de Rodeiro Rodeiro
Santo Tomé de Salto Salto
San Pedro de Borrifáns Borrifáns A Armucela
San Vicente de Carres Carres Fondevila
Santa María de Dordaño Dordaño A Igrexa
San Pedro de Filgueira de Barranca Filgueira de Barranca O Igrexario
San Xiao de Mandai Mandaio Quintá
San Salvador de Trasanquelos Trasanquelos

Administración

editar

Até as eleccións municipais de 2015, o concello estivo rexido por unha comisión xestora de 13 membros designada pola Xunta de Galicia[9]. A ela pertencen os anteriores alcaldes de Oza dos Ríos, José Pablo González Cacheiro, e máis o de Cesuras, Julián Lucas Ramírez.

O concello ten dúas sedes que veñen sendo as antigas casas dos concellos fusionados.[10]

Escolas, centros sociais, bibliotecas e museos

editar
Escolas
editar

Os centros educativos do concello son:

  • Escola Infantil "A Galiña Azul" en Mandaio.
  • CEIP Oza dos Ríos, en Oza dos Ríos.[11]
  • CEIP Forte Bragade, Cesuras, Dordaño.[12]
Centros sociais, bibliotecas e museos
editar

Os centros culturais do concello son:

  • Centro Cultural e biblioteca na antiga "casa do médico".
  • Casa museo etnográfico, no Forte, Bragade.

Os principais centros deportivos son os:

  • Campos de fútbol de Quintela, Porzomillos e Reboredo.
  • Complexo deportivo Castiñeiro.

Etnografía

editar

Festas e romarías

editar
  • Nosa Señora dos Miragres en Bandoxa, a última fin de semana de setembro.[13]
  • Santísimo Sacramento en Cis, o 19 e 20 de agosto.[13]
  • San Antón de Cuíña, en Callobre, Cuíña en xuño.[13]
  • Nosa Señora de Cutián, pola Santa María do 15 de agosto.[13]
  • Nosa Señora do Carme en Oza, do 7 ao 9 de xullo.[13]
  • Santa Lucía en Oza o 13 de decembro.[13]
  • Nosa Señora de Belén en Rodeiro, o 21 e 22 de setembro.[13]
  • Santa Mariña o 14 de agosto.[14]
  • San Mamede en Bragade o 11 de outubro.[14]
  • Romaría Galega o Sanatorio no parque do Sanatorio o primeiro domingo de agosto.[14]

Espazos naturais

editar

Oza-Cesuras está dentro da zona especial conservación do Betanzos - Mandeo e dentro da Reserva da biosfera As Mariñas Coruñesas e Terras do Mandeo.

No concello hai declaradas as seguintes árbores senlleiras:

Economía

editar

O concello ten a súa base económica no sector gandeiro, agrícola e forestal. Está comunicado coa A-6 e estrutúrao de norte a sur a estrada comarcal AC-840, entre Betanzos e Agolada. Conta ademais cunha vía férrea, a que pasa de Lugo á Coruña e que ten estación en Cesuras, Oza e Piñoi. Oza-Cesuras fai de nó de comunicacións entre a costa e os concellos do interior, existe un importante sector de servizos.

Galería de imaxes

editar

Parroquias

editar
Galicia | Provincia da Coruña | Parroquias de Oza-Cesuras

Bandoxa (San Martiño) | Borrifáns (San Pedro) | Bragade (San Mamede) | Carres (San Vicenzo) | Cis (San Nicolao) | Cuíña (Santa María) | Cutián (Santa María) | Dordaño (Santa María) | Figueredo (Santa María) | Filgueira de Barranca (San Pedro) | Filgueira de Traba (San Miguel) | Loureda (Santo Estevo) | Mandaio (San Xiao) | Mondoi (Santa Cruz) | Oza (San Pedro) | Paderne (Santiago) | Parada (Santo Estevo) | Porzomillos (San Pedro) | Probaos (Santaia) | Reboredo (Santiago) | A Regueira (Santa María) | Rodeiro (Santa María) | Salto (San Tomé) | Trasanquelos (San Salvador) | Vivente (Santo Estevo)

Lugares de Oza-Cesuras

editar
  1. DECRETO 83/2013, do 6 de xuño, polo que se aproba a fusión voluntaria dos municipios de Oza dos Ríos e Cesuras e se constitúe o municipio de Oza-Cesuras., DOG, 7 de xuño de 2013.
  2. "Oza y Cesuras abren la espita de las fusiones entre ayuntamientos", La Voz de Galicia, 14 de marzo de 2012 (en castelán)
  3. "El PP aprueba en solitario la fusión definitiva de los concellos de Oza y Cesuras", La Voz de Galicia, 11 de xaneiro de 2013 (en castelán).
  4. "Nace el concello de Oza-Cesuras", La Voz de Galicia, 6 de xuño de 2013 (en castelán).
  5. "Oza-Cesuras ya tiene logotipo. El nuevo municipio presentó su imagen corporativa basada en la fusión de iconos románicos de los dos viejos concellos", La Voz de Galicia, 14 de decembro de 2013.
  6. Costas González, Xosé-Henrique (2016). Universidade de Vigo, eds. Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega. p. 40. ISBN 978-84-8158-706-7. 
  7. 7,00 7,01 7,02 7,03 7,04 7,05 7,06 7,07 7,08 7,09 Ángel Luis Monteoliva Díaz, Monteoliva Arquitectura SLP (29/10/2001 (BOP 22/01/2002, DOG 22/01/2002)). Concello de Oza dos Ríos, eds. Denominación Plan xeral de ordenación municipal de Oza dos Ríos. 
  8. 8,0 8,1 8,2 8,3 8,4 8,5 8,6 8,7 Concello de Cesuras, eds. (2010). Documento de inicio do plano de ordenación municial de Cesuras. Información urbanística: estudo do medio rural e do modelo de asentamento. 
  9. Xunta de Galicia, eds. (10 de xuño de 2013). "A Xunta designa a comisión xestora que rexerá e administrará o novo municipio de Oza-Cesuras ata as vindeiras eleccións". Arquivado dende o orixinal o 06 de novembro de 2013. Consultado o 11 de xuño de 2013. 
  10. Concello de Oza-Cesuras (ed.). "Contacto". Consultado o 25 de agosto de 2014. 
  11. "CEIP Oza dos Ríos.". 
  12. "CEIP Forte Bragade, Cesuras.". 
  13. 13,0 13,1 13,2 13,3 13,4 13,5 13,6 Deputación da Coruña (eds.). "Oza dos Ríos - Río Mandeo, paraíso fluvial". 
  14. 14,0 14,1 14,2 Deputación da Coruña (eds.). "Cesuras - Río Mandeo, paraíso fluvial". 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar