Diario Oficial de Galicia
(Redirección desde «DOG»)
O Diario Oficial de Galicia (DOG) é o diario oficial da Comunidade Autónoma de Galicia, onde se divulgan con carácter oficial as normas xurídicas e outros actos da administración e do goberno galego para que produzan os efectos xurídicos correspondentes.
HistoriaEditar
Naceu ao abeiro da administración autonómica, publicándose o primeiro número o venres 1 de decembro de 1978.[1] Até 1982 denominouse Boletín Oficial da Xunta de Galicia.[2] En maio de 2011 deixou de editarse a versión en papel, existindo desde entón só a versión dixital.
NotasEditar
- ↑ "Diario Oficial de Galicia" (1). Xunta de Galicia. venres, 1 de decembro de 1978. Consultado o 5 de marzo de 2017.
- ↑ Mikelarena, Fernando (1997). "La documentación legislativa generada en el estado español" (PDF). Bilduma: Revista del Servicio de Archivo del Ayuntamiento de Errenteria (en castelán) (11): 19–46, en 31. ISSN 0214-624X.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Diario Oficial de Galicia |
A Galifontes posúe textos orixinais acerca de: Diario Oficial de Galicia |