Comarca da Terra Chá
A comarca da Terra Chá é unha comarca galega situada na zona norte e interior da provincia de Lugo. É a comarca máis extensa de Galicia con 1823,02 km².[1] No ano 2020 tiña 39.702 habitantes.[2] A paisaxe desta chaira combina frecuentes outeiros coroados na súa maioría por castros —cómpre citar o castro de Viladonga— con agros e pasteiros chans, importantes lagoas como a de Cospeito ou Caque e máis dun cento de ríos e regatos que percorren a comarca.
Comarca da Terra Chá | |
---|---|
![]() | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Área | 1.823,02 km² |
Poboación | 39.047 hab. (2022) |
Densidade | 21,42 hab./km² |
Concellos | ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Pertencen a ela os concellos de Abadín, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Guitiriz, Muras, A Pastoriza, Vilalba e Xermade, sendo a súa capital Vilalba.
A Terra Chá pódese definir como unha comarca rural cunha economía de clara vocación agrícola e gandeira. A climatoloxía e os solos permiten que haxa unha importante extensión de parcelas dedicadas a pastos onde se alimentan un gran número de vacas destinadas especialmente á produción láctea contando para iso con modernas explotacións que son, na súa maioría, de carácter familiar pero altamente competitivas. Naqueles lugares da comarca onde a topografía é máis montañosa cobra auxe a gandaría extensiva, dedicada á produción cárnica e predominando a raza autóctona rubia galega. A flora da comarca da Terra Cha é moi variada incluíndo importantes áreas de carballeiras, soutos e fragas; domina o carballo acompañado por bidueiros, salgueiros, ameneiros, castiñeiros e piñeiros do país.
DemografíaEditar
Padrón municipal 2020 | 39 702 habitantes[2] |
---|---|
Menores de 15 anos | 3 542 (8,92 %) |
Entre 16 e 64 anos | 23 170 (58,36 %) |
Maiores de 65 anos | 12 990 (32,72 %) |
CulturaEditar
O poeta Manuel María adicoulle á comarca o poemario Terra Chá, onde fala das súas terras e as súas xentes:
A Terra Chá somentes é:
un povo aquí, outro acolá
mil arbres, monte raso,
un ceo chumbo e tráxico
no que andan as aves a voar.
O resto é soedá.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes da comarca da Terra Chá.
Vista da Terra Chá desde Carballido.
Ponte do século XVII sobre o río Batán, entre os concellos de Abadín e Vilalba.
NotasEditar
- ↑ "Superficie". IGE. Arquivado dende o orixinal o 29-04-2021. Consultado o 26-04-2021.
- ↑ 2,0 2,1 "IGE - Información comarcal". www.ige.eu. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2021. Consultado o 2021-03-26.
Véxase taménEditar
Outros artigosEditar
Este artigo sobre comarcas de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |