Lagoa de Caque
Coordenadas: 43°09′30″N 7°28′41″O / 43.158305555556, -7.4780833333333
Lagoa de Caque | |||
---|---|---|---|
![]() | |||
Figura de Protección: | |||
Ano de constitución: | Recuperación parcial en 1988[Cómpre referencia] | ||
Superficie: | 19 ha. (no verán unhas 6 ha.) | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | |||
Concellos: | Castro de Rei | ||
Ríos: | |||
Picos | |||
Direccións de interese: | Lagoa situada na localidade de Ribeiras de Lea | ||
Teléfonos: |
A lagoa de Caque ou lagoa de Bardancos é unha zona húmida situada na parroquia de Ribeiras de Lea, no concello de Castro de Rei. Cunha superficie de 19 hectáreas, é a zona húmida máis grande da comarca da Terra Chá. Está situada nas proximidades de Xustás e a unha distancia duns 20 km da capital provincial, Lugo.
Orixinouse debido ao substrato xeolóxico e á topografía da Terra Chá e constitúe unha das grandes zonas húmidas superviventes das campañas de desecamento. Como ecosistema de gran valor ecolóxico polas súas reservas de flora e fauna, é espazo natural protexido.
Características Editar
Esta lagoa, a diferenza da Lagoa de Cospeito, non está alimentada por ningún río. Nesta lagoa, de maior extensión, a evaporación da auga nos meses de verán vese compensada pola acumulación de auga baixo terra, que aínda no verán se mantén cunhas 6 ha. de auga. A lagoa de Caque foi recuperada parcialmente en 1988.
Flora e fauna Editar
A flora constitúena especies como o piñeiro de Monterrei, o piñeiro bravo, o abeneiro, o carballo, o bidueiro, o salgueiro, o toxo ou o xunco.
É un importante refuxio para as aves, sobre todo no inverno, xa que é unha das principais zonas de hibernación para a avifauna proveniente do norte. Durante unha boa parte do ano (e algunhas especies incluso todo o ano) pode verse unha gran variedade de aves que conviven con outras especies como poden ser anfibios e réptiles diversos, e incluso coa lontra.
Entre as aves predominantes na lagoa destacamos unha gran variedade de parrulos, o lavanco, a cerceta e tamén a garza real ou a pita de río. Dentro das aves rapaces destacamos o azor, o gabián, o miñato común, o falcón pequeno, o miñato queimado ou o lagarteiro, ademais dunha gran variedade de aves pertencentes ao xénero Circus.