Lagoa de Cospeito
Coordenadas: 43°14′33″N 7°33′12″O / 43.24242, -7.55343
Lagoa de Cospeito | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC, Reserva da Biosfera | ||
Ano de constitución: | Parga-Ladra-Támoga (2004), Terras do Miño (2002) | ||
Superficie: | 16,9 hectáreas: 5,69 ha a lagoa central e 11,21 a lagoa periférica | ||
Lexislación: | |||
Datos de interese | |||
País: | ![]() | ||
Provincias: | |||
Concellos: | Cospeito | ||
Ríos: | Guisande | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | Lagoa situada na localidade da Feira do Monte | ||
Teléfonos: |
A lagoa de Cospeito é unha zona húmida permanente situada no concello de Cospeito, e é unha das lagoas máis importantes de Galicia. Está situada a uns 25 km da capital provincial, Lugo.
Forma parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga[1][2] e forma parte da Reserva da Biosfera "Terras do Miño"[1].
CaracterísticasEditar
É un dos ecosistemas hídricos máis importantes do noroeste da península. As súas augas proveñen do río Guisande, afluente do Miño.
Tempo atrás existían 2 lagoas que ocupaban unha extensión de 73,75 hectáreas, pero a meirande parte deste territorio foi desecado na década dos 60 para darlle un uso soamente agrícola.
Flora e faunaEditar
Nesta zona húmida existen aves coma avefrías, asubiadores, lavancos, cercetas, galiñas de río ou grúas, anfibios coma ras, tritóns, ou píntegas, peixes coma troitas, e mamíferos coma ourizos ou esquíos.
Respecto da flora constitúese principalmente de vexetación de ribeira coma carballos ou bidueiros, existindo tamén especies insólitas coma o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum).
NotasEditar
- ↑ 1,0 1,1 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.