Cospeito
Coordenadas: 43°14′10.66″N 7°33′25.69″O / 43.2362944, -7.5571361
Cospeito é un concello da provincia de Lugo, pertencente á Terra Chá.
Cospeito | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cospeitense (non oficial) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca da Terra Chá |
Poboación | 4.342 hab. (2022)[2][3] |
Área | 144,8 km²[3] |
Densidade | 29,99 hab./km² |
Entidades de poboación | 20 parroquias[4] |
Capital do concello | A Feira do Monte |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | Armasto Castosa Alvariño (PPdeG[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 6 PSdeG-PSOE: 4 |
Eleccións municipais en Cospeito | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 84,64% |
Na rede | |
http://www.concellodecospeito.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
Está situado na comarca da Terra Chá. Destaca a lagoa de Cospeito, con presenza de patos, garzas e outras especies, de interese para os afeccionados á ornitoloxía e amantes da natureza.
PoboaciónEditar
A súa poboación no ano 2016 era de 4754 persoas, segundo o Padrón municipal.
Censo total 2016 | 4754 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 375 (7.89 %) |
Entre 15 e 64 anos | 2714 (57.09 %) |
Maiores de 65 anos | 1665 (35.02 %) |

Fonte: Instituto Nacional de Estadística, INE 1857-2011
Evolución da poboación de Cospeito Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
7113 | 7407 | 7921 | 7002 | 5548 | 5231 | 5088 | 5047 | 4954 | 4892 | 4827 | 4754 | 4665 | 4596 | 4484 | 4395 | 4374 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
HistoriaEditar
En Cospeito publicáronse os periódicos Cantaclaro (1915), El Lucero (1915-1920), Canta Claro (1933) e Unión Agraria (1934)
PatrimonioEditar
Existen no concello un gran número de sitios arqueolóxicos. Podemos destacar o da Medorra da Millara (tamén chamada Medorra do Marco) situado na Penalba, lugar da parroquia de San Martiño de Pino.
Tamén na parroquia de Pino atópase a torre de Caldaloba (fortificación medieval) e o pazo de Caldaloba (pazo do século XVII).
As Torres de Arneiro foron tres antenas de radionavegación de 112 metros de altura na actualidade derrubadas, que foron instaladas no concello polo exército alemán durante a segunda guerra mundial co fin de facilitar o posicionamento e seguimento dos submarinos (U-Boots) e dos avións no Golfo de Biscaia.
TurismoEditar
Na parroquia de Muimenta celébrase o 1 de maio a festa da filloa de Muimenta, declarada de interese turístico pola Xunta de Galicia.
Lugares de CospeitoEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Cospeito vexa: Lugares de Cospeito.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Cospeito.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Cospeito".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Cospeito". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cospeito |
BibliografíaEditar
- Boletín do Museo Provincial de Lugo, tomo 10 (Lugo) 2001/2002. Artigo: Excavación arqueolóxica no túmulo 1 de a Millara (Cospeito). Miguel A. Vidal Lojo, páxina 9.
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |