Outeiro de Rei
Coordenadas: 43°6′6.63″N 7°36′49.63″O / 43.1018417, -7.6137861
Outeiro de Rei é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo. Segundo o INE en 2016 tiña 5.047 habitantes (4.695 no 2006, 4.645 no 2005, 4.528 no 2004, 4.428 no 2003).
Outeiro de Rei | |
---|---|
Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | outeirao / outeirés |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Lugo |
Poboación | 5.296 hab. (2022)[2][3] |
Área | 134,2 km²[3] |
Densidade | 39,46 hab./km² |
Entidades de poboación | -[4] |
Capital do concello | Outeiro de Rei |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | José Pardo Lombao (PPdeG [6]) |
Concelleiros | BNG: 3 PPdeG: 9 PSdeG-PSOE: 1 |
Eleccións municipais en Outeiro de Rei | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 65,25% |
Na rede | |
www.outeiroderei.org | |
[ editar datos en Wikidata ] |
ToponimiaEditar
A orixe do topónimo Outeiro é o latín altarium, que é unha parte alta ou elevación do terreo.[8][9]
HistoriaEditar
Hai indicios no concello da existencia de poboación dende o paleolítico. Na zona de Silvarrei localizouse un bifaz de tipo Achelense. Da época megalítica (4.000-2.000 antes da era actual) hai grande número de mámoas localizadas no termo municipal como a Medorra da Pedra Dereita en Martul. Os enxovais encontrados nos monumentos funerarios consérvanse na actualidade en museos e coleccións privadas, e os gravados rupestres ou petróglifos nos seus montes, amosan a presenza dunha poboación bastante numerosa e activa.
As evidencias arqueolóxicas e os achados evidencia que a zona estivo continuamente habitado. Primeiro, pola poboación castrexa. Ningún dos castros foi escavado, Castro de Candai.
A ocupación romana chegou despois da fundación de Lugo deron o nome de Octodorum á zona pola que pasaba a vía romana XX, Braga-Astorga. A romanización chegou aos castros como o castro de Tourón ou o castelo do Picato. Construción de dúas vías que atravesaban o citado Outeiro de Rei así como a constitución dalgunha casa de campo agropecuaria ou "villae" na parroquia de Vilela u poboados sen fortificar "vici" como é o caso da actual Santa María de Cela, entón chamada Augas Celenas. En 1909 atopouse unha ara adicada ao deus Lucoubu en Sinoga (Santa Mariña), hoxe no Castelo de Santo Antón.
A época sueva supuxo a organización do territorio en condados, pasando ao denominado condado de Superata (Sobrada). A aldea de Astaríz (Caboi) era Coto Real e tiña as súas propias autoridades.
No século XV co bispo lucense Odoario viviuse o máximo esplendor. Estaba organizado en dúas xurisdicións: Sobrada de Aguiar (señorío de Pedro Freire) e Outeiro de Rei (señorío do Conde de Lemos). Outeiro de Rei era privilexio de Isabel a Católica do 1501, converteuse no berce dalgunhas das principais liñaxes nobiliarias de Galiza, entre as que destacan os Gayoso, os Montenegro ou os Aguiar. Estes construíndo os castelos-fortalezas e rematada a inestabilidade medieval do século XVI, fixeron a transformación a civil da arquitectura militar, xurdindo os pazos e casas señoriais.
A proximidade á cidade de Lugo supuxo unha concentración de casas señoriais:
- Pazo de Mirapeixe (Santa Mariña), orixe dos Gayoso.
- Casa Forte de Outeiro de Rei, orixinaria do século XV da familia irlandesa O´Kelly e posteriormente dos Gayoso.
- Casa-torre da Barreira do 1575.
- Pazo de Guevara, de finais do século XVII dos Pardo-Rivadeneira.
En Outeiro de Rei hai vinte e sete igrexas e dez capelas, construídas a maior parte delas entre os séculos XVII e XVIII, así como un regato chamado o regato do Cepelo, que é moi querido polos veciños. Os templos de Francos, Martul e Robra son de orixe románica con modificacións posteriores mantendo pequenas construcións primitivas[10].
PoboaciónEditar
Censo total 2016 | 5.047 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 559 (11,08%) |
Entre 15 e 64 anos | 3.201 (63.47 %) |
Maiores de 65 anos | 1.283 (25,4 %) |

Evolución da poboación de Outeiro de Rei Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
5.903 | 6.536 | 5.904 | 5.109 | 4.528 | 4.936 | 5.001 | 5.046 | 5.098 | 5.083 | 5.068 | 5.043 | 5.063 | 5.093 | 5.151 | 5.210 | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
EconomíaEditar
- A poboación ocupada no sector servizos é maioría 48,47 %
- Sector secundario 30,17 %
- Sector primario, que segue a ter un peso relevante na economía municipal da emprego ao 21,3 %
As principais industrias do concello son:
- Na parroquia de Robra a empresa Barras Eléctricas Galaico-Asturianas S.L. ten instalada unha central eléctrica aproveitando o Salto do Piago.
- Zona Industrial de Outeiro de Rei, alí están as empresas: Coren, Norpresa, Polinox ou Ben Alonso.
- Na N-VI está Corporación Alimentaria Peñasanta e Alimentos Lácteos S.A.[11]
Parques zoolóxicosEditar
Neste municipio pódense atopar dous parques zoolóxicos: Marcelle Natureza e Avifauna.
ParroquiasEditar
Lugares de Outeiro de ReiEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Outeiro de Rei vexa: Lugares de Outeiro de Rei.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Outeiro de Rei.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Outeiro de Rei".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Outeiro de Rei". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Moralejo Laso, A. (1977): Toponimia gallega y leonesa. Santiago de Compostela: Editorial Pico Sacro, páx. 110, 280 e 322. ISBN 84-85170-20-2
- ↑ Ares Vázquez, Nicandro (2013). Estudios de toponimia galega, tomo II. Real Academia Galega. ISBN 978-84-87987-85-4.
- ↑ Historia. Concello de Outeiro de Rei
- ↑ Situación económica do Concello
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Outeiro de Rei |