Abrir o menú principal

San Fiz de Paz, Outeiro de Rei

Coordenadas: 43°05′35″N 7°31′22″O / 43.0931108, -7.5228738

San Fiz de Paz
SFizdePaz1.jpg
Igrexa parroquial
ConcelloOuteiro de Rei
Poboación168 hab. (2017)
Entidades de poboación13

San Pedro Fiz de San Fiz de Paz é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 188 habitantes, deles 104 eran homes e 84 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

HistoriaEditar

Antigamente estivo baixo a xurisdición de Castro de Rei.

PatrimonioEditar

Hai dous castros na parroquia, O Castedo e o Castro de Montemaior. En Penadedra sitúase a Capela da Natividade, e tamén un peto de ánimas e unha cruz de pedra.

Existiu unha cámara sepulcral soterrada cun corredor de acceso rodeado de grandes pedras, hoxe desaparecida.

FestasEditar

  • Virxe do Carme, o primeiro domingo de setembro. Nas vésperas celébrase agora o San Antonio.
  • Virxe dos Remedios, na capela de Penadedra, o domingo seguinte ao 8 de setembro.

Galería de imaxesEditar

Lugares e parroquiasEditar

Véxase taménEditar