Santa Mariña, Outeiro de Rei
Santa María de Santa Mariña é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 102 habitantes, deles 49 eran homes e 53 eran mulleres, o que supón un incremento de 1 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Santa Mariña | |
---|---|
![]() Igrexa de Santa María de Santa Mariña. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°07′56″N 7°36′06″O / 43.132344, -7.601628Coordenadas: 43°07′56″N 7°36′06″O / 43.132344, -7.601628 |
Poboación | 91 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 5[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
A parroquia, xunto coa de Cela, está incluída na ruta das Insuas do Miño, que ao pé do río Miño percorre os concellos de Rábade e Outeiro de Rei. No ano 2002 foi declarada pola UNESCO Reserva da Biosfera Terras do Miño.
PatrimonioEditar
Concentración de mámoas (14/15) no Monte de Santa Mariña. Achado dunha ara prerromana en Sinoga. Catro casas señoriais: o Pazo de Mirapeixe, orixe dun dos máis prestixiosos liñaxes lucenses, os Gaioso; a Casa do Rei, con escudo de armas e pombal; a casa de Garrido e a casa de Abelleira. Ponte sobre o Miño, construída no século XVIII sobre outra de orixe medieval.
FestasEditar
- Santa Mariña, o segundo domingo de xullo.
Galería de imaxesEditar
|
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de Santa MariñaEditar
Lugares da parroquia de Santa Mariña no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Felpás | Guimarei | O Pedragoso | Santa Mariña | Sinoga |