Bonxe, Outeiro de Rei
San Mamede de Bonxe é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 448 habitantes, deles 314 eran homes e 134 eran mulleres, o que supón un incremento de 182 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Bonxe | |
---|---|
Igrexa de San Mamede de Bonxe. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°06′15″N 7°35′14″O / 43.1042471, -7.5871852 |
Poboación | 243 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 9[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarA parroquia está bañada polo arroio dos Tollos e o punto máis alto sitúase no Cordal de Penelas (566 m). Pola parroquia pasa o regato do Cepelo, que nace e morre en Outeiro de Rei e é símbolo de humildade na poesía de Manuel María. Está atravesada pola liña de ferrocarril A Coruña - Palencia.
Na parroquia sitúase o centro penitenciario de Bonxe.
Patrimonio
editarA parroquia é coñecida pola súa cerámica, a olería de Bonxe, fabricada de xeito tradicional. Aparece mencionada no poema "Barro" de Manuel María, incluído na obra Terra Cha (1954).
Festas
editar- Virxe do Rosario, a finais de setembro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Bonxe
editarLugares da parroquia de Bonxe no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Bouzas | Caxigal | Eirexe | O Granxo | As Lombas | Restriz | A Subida | Veiga | Vigo |