Taboi, Outeiro de Rei
parroquia do concello de Outeiro de Rei
Coordenadas: 43°08′41″N 7°34′41″O / 43.1447981, -7.5779945
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Taboi.
Taboi | |
---|---|
![]() Igrexa parroquial | |
Concello | Outeiro de Rei |
Poboación | 74 hab. (2017) |
Entidades de poboación | 11 |
San Pedro de Taboi é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 87 habitantes (47 homes e 40 mulleres), catro menos ca en 2006.
PatrimonioEditar
O Pazo de Taboi, primitivo solar dos Saavedra, composto por varias casas, entre elas a Casa do Bordón e a Casa do Pacio. Na actualidade só quedan os escudos de armas inseridos nas fachadas das dúas casas, emprazados agora na fachada da Casa de Bordón e a Torre de Taboi.
O Pazo de Guevara con capela barroca e pombal.
Lugares e parroquiasEditar
Lugares de TaboiEditar
Lugares da parroquia de Taboi no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Fontela | Fraiz | Pacio | O Pasadoiro | O Pereiro | A Peroxa | Prado da Cal | San Marcos | Trasfonte | Vilasusá | Xigán |