Parada, Outeiro de Rei
San Xoán de Parada é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 95 habitantes, deles 51 eran homes e 44 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Parada | |
---|---|
Ponte colgante e refuxio de pescadores da Insua de Seivane. | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°03′33″N 7°43′11″O / 43.0591185, -7.7197943 |
Poboación | 80 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Historia
editarA primeira mención da parroquia aparece no testamento maior de Odoario (ano 747), como Villa Parata cum ecclesia sancti Inhoanis constipata de familia mea pro suis terminis ab integro. Posteriormente cítase a súa igrexa en varios inventarios de bens da catedral de Lugo, así como nun privilexio de Afonso III (897), o chamado Caelicolae.
Patrimonio
editarConxunto de 10 mámoas localizadas no monte e un menhir gravado. Na canteira de pedra das Penas de Raposo, hoxe pechada, apareceu unha alabarda de sílex do período megalítico. Aquí localízanse os castros das Croas e Sampaio, e as casas señoriais de Gondai e Sampaio (do século XVII e reformada en 1856).
Na parroquia sitúase a Ponte Colgante de Parada que dá acceso á Insua de Seivane, tamén coñecida como Insua de Arriba, que conta cunha área recreativa e un refuxio de pescadores.
Festas
editar- San Xoán, no mes de xuño.
Lugares e parroquias
editarLugares de Parada
editarLugares da parroquia de Parada no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Gondai | As Latas | Parada | Pascuais | O Pazo | San Paio | Seivane | Trollos |