Sobrada de Aguiar, Outeiro de Rei

parroquia civil do concello de Outeiro de Rei

Santa María Madanela de Sobrada de Aguiar é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 146 habitantes, deles 72 eran homes e 74 eran mulleres, o que supón un incremento de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Sobrada de Aguiar
Torre de Sobrada de Aguiar
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°07′27″N 7°31′15″O / 43.124255, -7.520893
Poboación134 hab. (2020)
Entidades de poboación8[1]
editar datos en Wikidata ]
Igrexa parroquial.

Patrimonio

editar

O Castro de Riazás está situado nunha leira de propiedade privada, segundo a tradición popular uníase á torre de Sobrada de Aguiar[2] a través dunha galería subterránea. A torre, derrubada polos irmandiños en 1467, foi construída no século XV por Fernán Pérez de Ribadeneira sobre unha edificación anterior.

A uns metros da Torre de Sobrada atópase a Casa de Sobrada con escudo acuartelado con armas de Andrade, Aguiar e Ribadeneira (hoxe no Museo Provincial de Lugo).

Festas

editar
  • Virxe da Madalena, o domingo máis próximo ao 22 de xullo.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Sobrada de Aguiar

editar
Lugares da parroquia de Sobrada de Aguiar no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Cancela | A Carreira Vella | Curutín | Faxilde | Gabín | Laxe | Piñeiro | Riazón | A Torre

Parroquias de Outeiro de Rei

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar