Aspai, Outeiro de Rei
parroquia civil do concello de Outeiro de Rei
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Aspai.
San Cibrao de Aspai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 104 habitantes, deles 50 eran homes e 54 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.
Aspai | |
---|---|
Igrexa parroquial de Aspai | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°05′11″N 7°57′11″O / 43.0864956, -7.9531164Coordenadas: 43°05′11″N 7°57′11″O / 43.0864956, -7.9531164 |
Poboación | 84 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 6[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Toponimia
editarO topónimo pode significar as terras ou casa do antropónimo godo Aspadius.[2]
Patrimonio
editarNa parroquia hai abundante concentración de mámoas: un grupo de 10 - 11 sitas no Couto de Province.
O Castro de Candai está emprazado nos límites entre Candai e Aspai.
O cruceiro de Santa Comba foi construído no ano 1897.
Festas
editar- San Cibrao o 16 e 17 de setembro.
Lugares e parroquias
editarLugares de Aspai
editarLugares da parroquia de Aspai no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Aspai | O Carballal | A Laxe | O Portelo | Province | Santa Comba |