Candai, Outeiro de Rei
parroquia civil do concello de Outeiro de Rei
San Vicente de Candai é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 88 habitantes, deles 40 eran homes e 48 eran mulleres, o que supón unha diminución de 1 habitante en relación ao ano anterior, 2006.
Candai | |
---|---|
Igrexa parroquial de Candai | |
Concello | Outeiro de Rei[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°05′35″N 7°43′36″O / 43.0931292, -7.7267143 |
Poboación | 62 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 8[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarSituada á marxe dereita do Miño, regan as súas terras os arroios Portoprés e As Chairas. Alcanza a súa máxima altitude no Cordal de Candas (605 m.).
Patrimonio
editarExiste un reducido número de mámoas (3 - 4) no chamado Monte de Candai.
A igrexa parroquial de San Vicente de Candai foi reedificada en 1877 sobre os cimentos dunha anterior probablemente de orixe románico.
Festas
editar- San Vicente o 22 de xaneiro.
- San Antonio o 13 de xuño.
Lugares e parroquias
editarLugares de Candai
editarLugares da parroquia de Candai no concello de Outeiro de Rei (Lugo) | |
---|---|
Candai de Abaixo | Candai de Arriba | Currás | Lavadoiro | Mangoeiro | As Penas | Piñeiro | Susavila |