Robra, Outeiro de Rei

parroquia civil do concello de Outeiro de Rei

San Pedro Fiz de Robra é unha parroquia do concello lugués de Outeiro de Rei na comarca de Lugo. No ano 2015 contaba segundo o IGE[2] con 401 habitantes, deles 195 eran homes e 206 eran mulleres, o que supón un aumento de 7 habitantes en relación ao ano 2007.

Robra
Caneiro do Piago
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°05′09″N 7°38′19″O / 43.0859396, -7.6384923
Poboación398 hab. (2020)
Entidades de poboación6[1]
editar datos en Wikidata ]

Xeografía

editar

Bañan as súas terras o rego Piñeiro e o río Miño. Dista 1,6 km da capital municipal. Ten unha altitude máxima de 400 m.

Historia

editar

Hai unha referencia a Robra na división de 11 condados da provincia de Lugo, feita polos suevos no ano 569: Ao establecer os límites do condado de Superata (Sobrada) dise que partiría da confluencia "do río Róbera" (Robra) co Miño. En 1112, nun voto real, a raíña Dona Urraca doou á igrexa de Lugo varias vilas, entre elas a de Robra.

Patrimonio

editar

A igrexa parroquial de San Pedro Fiz de Robra só conserva da fábrica románica a porta principal e unha fiestra do frontis.

Na parroquia está o caneiro do Piago, orixinal paisaxe aproveitado como lugar de baño e descanso. Neste punto, as augas do río Miño son arrastradas por pequenas cascadas e pendentes. Na súa contorna hai unha minicentral eléctrica de máis de 60 anos.

Festas

editar

Galería de imaxes

editar

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Robra

editar
Lugares da parroquia de Robra no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Alvite | Brandián | Francos | Penelas | Piago | Robra

Parroquias de Outeiro de Rei

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar