O caneiro do Piago é un caneiro situado no leito do río Miño, á altura da parroquia de Robra, no concello de Outeiro de Rei, na provincia de Lugo, que conta cunha fervenza artificial de máis de 50 metros de largura que xorde da unión do río Ladra co propio Miño. Trátase dunha zona moi próxima á cidade de Lugo, polo que adoita ser visitado nos meses de verán, máis aínda cando existen unha serie de rochas espalladas a rentes do caneiro que serven de zona fluvial.