YouTube

plataforma de vídeo na Internet
(Redirección desde «Youtube»)

YouTube é un espazo web que lles permite aos usuarios publicar, ver e compartir vídeos. Fundouse en febreiro de 2005 por tres antigos empregados de PayPal: Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim. YouTube é un nome composto de you (en inglés ti) e tube (en inglés tubo, ou sexa, televisión), que quere dicir algo así como ti es a televisión.

YouTube

Editar o valor en Wikidata
TipoServizo de aloxamento de vídeos, buscador, filial, sitio web e medio de comunicación de masas
Fundación14 de febreiro de 2005
MatrizGoogle
FundadorSteve Chen
Chad Hurley
Jawed Karim
Número de empregados3000 (2021)
Na rede
https://www.youtube.com/
IMDB: co0202446 Facebook: youtube Twitter: YouTube Instagram: youtube Youtube: UCBR8-60-B28hp2BmDPdntcQ Pinterest: YouTube TikTok: youtube GitHub: youtube Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]
Os fundadores de YouTube (de esquerda a dereita): Chad Hurley, Steve Chen e Jawed Karim.

Características

editar

YouTube utiliza un formato Macromedia Flash para servir os seus contidos. É moi popular, do mesmo xeito que o é Google Video, debido á posibilidade que ten calquera de abeirar os seus vídeos e, especialmente, porque ao usar un sistema de palabras chave, ao igual ca Flickr ou Technorati, permite localizar contidos de forma sinxela. YouTube contén unha ampla variedade de retrincos de filmes e programas de televisión, vídeos musicais e vídeos caseiros. Malia que as regras do YouTube ditan que non está permitido publicar vídeos con copyright, hai material propietario ás mancheas. As ligazóns a vídeos de YouTube poden ser tamén aloxadas en blogs e webs persoais utilizando APIs.

Uso e operacións

editar

En xuño de 2005, 95.000 vídeos novos se soben a YouTube todos os días. O total de vídeos que se descargan diariamente estimouse en 80 millóns e o número total de vídeos alí abeirados debe situarse nos 100 millóns.

Pódense publicar vídeos mediante un rexistro gratuíto. Para protexer a difusión comercial doutros produtos audiovisuais, o límite do tempo fixado é de 40 minutos por vídeo, cun tamaño máximo de 100 megas.

A empresa

editar

YouTube é unha empresa pequena, con só 50 empregados e catro persoas máis en prácticas da Universidade Stanford contratados como censores para avaliar vídeos que os usuarios riscaron como "ofensivos". A oficina de YouTube atópase en San Bruno, California.

Críticas

editar

Calidade de vídeo

editar

Ao igual que sucede con Google Video e noutras páxinas de vídeos, hai abondosas queixas sobre a calidade. Un problema relativamente frecuente é que, nalgúns fragmentos, o son e o vídeo non están ben sincronizados.

Copias de seguridade

editar

Para evitar copias dos arquivos de vídeo, estes distribúense en formato Macromedia Flash, o que lles impide aos usuarios facer copias dixitais doadamente.

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar
  • Life in a Day, un filme documental creado polos usuarios de YouTube de todo o mundo.

Ligazóns externas

editar