Caboi, Outeiro de Rei

parroquia civil do concello de Outeiro de Rei

San Martiño de Caboi é unha parroquia do concello de Outeiro de Rei na comarca de Lugo, na provincia de Lugo. No ano 2007 tiña 91 habitantes, deles 42 eran homes e 49 eran mulleres, o que supón unha diminución de 2 habitantes en relación ao ano anterior, 2006.

Caboi
Cruceiro e igrexa parroquial
ConcelloOuteiro de Rei[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas43°06′22″N 7°38′23″O / 43.1060129, -7.6397076
Poboación116 hab. (2020)
Entidades de poboación4[1]
editar datos en Wikidata ]

Étimo

editar

O topónimo Caboi deriva do nome dun antigo possessor. No século X este lugar foi referido como Calabogii e uilla Calabogi. En 1173 era Kalaboe, a dicir de Boullón Agrelo, quen non é capaz de determinar se o nome derivaba de Calapodius ou de Calepodius, nome dun mártir e santo católico do século IV, e tamén dun cónsul romano do século V. O mesmo nome era empregado na Cataluña medieval, onde deu orixe ó topónimo Calabuig, documentado como uilla Calapodii no século IX[2].

Historia

editar

A aldea de Astariz ostentaba na época sueva o título de "Coto Real" e gobernábase con autoridades propias. Xa na época medieval esta parroquia debeu ser unha fortaleza, aínda se poden apreciar nalgúns lugares restos das murallas e foxos que a rodearon. Tamén hai noticias da existencia dunha torre, hoxe desaparecida.

Patrimonio

editar

A Casa de Prado, con pedra de armas na fachada.

Festas

editar
  • Virxe do Socorro, a primeira fin de semana de xuño.
  • San Martiño, 11 de novembro.

Lugares e parroquias

editar

Lugares de Caboi

editar
Lugares da parroquia de Caboi no concello de Outeiro de Rei (Lugo)

Astariz | Caboi | Fontela | O Mato

Parroquias de Outeiro de Rei

editar
Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Outeiro de Rei

Arcos (San Pedro) | Aspai (San Cibrao) | Bonxe (San Mamede) | Caboi (San Martiño) | Candai (San Vicente) | Castelo de Rei (San Salvador) | Cela (Santa María) | Folgueira (San Nicolás) | Francos (Santiago) | Guillar (San Martiño) | Martul (San Pedro) | Matela (Santa María Madanela) | Mosteiro (San Salvador) | Outeiro de Rei (San Xoán) | Parada (San Xoán) | Robra (San Pedro Fiz) | San Clodio de Aguiar (San Clodio) | San Fiz de Paz (San Pedro Fiz) | San Lourenzo de Aguiar (San Lourenzo) | San Tomé de Gaioso (San Tomé) | Santa Mariña (Santa María) | Santiago de Gaioso (Santiago) | Silvarrei (San Xoán) | Sobrada de Aguiar (Sta. Mª Madanela) | Taboi (San Pedro) | Vicinte (Santa María) | Vilela (Santiago)

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar

Ligazóns externas

editar