Coren

grupo empresarial alimentario galego
Para a comuna francesa, véxase Coren.

Coren (Cooperativa Orensana) é un grupo empresarial baseado en cooperativas avícolas e gandeiras máis importante de Galicia, con presenza en todos os continentes.

Coren
LOGO COREN.png
TipoCooperativa
Fundación1959
MatrizCooperativas Ourensanas
LocalizaciónSanta Cruz de Arrabaldo, Ourense Galicia Galicia
FundadorEulogio Gómez Franqueira
IndustriaAlimentación
ProdutosOvos, carne, pensos
Beneficio982 millóns de euros (2013)[1]
Número de empregados3.000
Na rede
https://www.coren.es
editar datos en Wikidata ]

HistoriaEditar

A compañía ten os seus antecedentes a partir de 1959, cando nomean a Eulogio Gómez Franqueira xerente da Unión Territorial de Cooperativas del Campo. Franqueira comezou entón un proxecto de saneamento da empresa, mercando os produtos en orixe co fin de obter mellores prezos. En 1962 UTECO constitúe a Cooperativa Provincial Ganadera, que lle mercaba a unha empresa norteamericana os polos e os compostos para alimentalos. UTECO comezou a construír a fábrica para a creación de compostos baixo a licenza desta empresa, e en 1965 nace unha cooperativa dedicada exclusivamente a elaboración de compostos para a cría dos animais.

En 1966 a xa denominada Cooperativa Orensana (COREN) pon en funcionamento o matadoiro avícola e a primeira planta de incubación de Galicia, ao tempo que se preparaban para entrar no mercado do vacún. En 1968 as empresas de Coren crean a súa propia rede comercial, e en 1970 constrúese a central leiteira e a clasificadora de ovos no parque empresarial de San Cibrao das Viñas. En 1975 inaugura a primeira planta en Alcobendas (Madrid), e constrúese a segunda fábrica de compostos alimenticios.

Xa en 1987, co ingreso de España na Unión Europea, Coren asumiu para un período de catro anos a representación ante a comunidade de todos os produtores españois de polos e ovos.

En 1990 Coren chega a Portugal por medio de Lourinho Conservas de Carne Ltda. En 1995 Coren chega a Arxentina, e en 1998 acada Romanía.

No ano 2000 Coren inaugura unha planta de pensos en Lugo, e unha planta de procesado de pavos en Santa Cruz de Arrabaldo.

No 2008 recibe o recoñecemento como Xuíz Honorario do Couto Mixto.

NotasEditar

  1. "Cifras". Arquivado dende o orixinal o 06 de maio de 2015. Consultado o 09 de maio de 2015. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar