Cooperativa
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Unha cooperativa é unha asociación voluntaria de traballo cooperativo, por medio da cal un grupo de persoas pode obter bens de consumo en condicións máis vantaxosas que pola comercialización común.
Xa en 1887 existía o precedente galego das cooperativas nas sociedades de mariñeiros, e en 1907 creáronse as sociedades agrarias como organizacións portadoras dos valores solidarios e de axuda mutua. En 1915 os pósitos de pescadores funcionaban como auténticas cooperativas en múltiples aspectos: produción, comercialización, seguridade social e mesmo actividades formativas.
O pensador, xurista, sociólogo e economista Xoaquín Díaz de Rábago (1837-1898) que presidirá a Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela ou a primeira sucursal do Banco de España e que será Delegado Rexio da Escola de Artes e Oficios foi un dos impulsores deste movemento en Galiza.
No comezo do século XXI hai en Galiza máis de mil cooperativas, sendo Vigo e a súa bisbarra a cidade onde se atopan máis. Entre os diferentes tipos de cooperativas destacan polo seu número as de traballo asociado e as agrarias.
As Nacións Unidas declararon o ano 2012 como o Ano Internacional das Cooperativas.[1]. E o primeiro sábado de xullo celébrase o Día Internacional das Cooperativas [2].
Valores cooperativosEditar
- Axuda mutua: é a acción dun grupo para a solución de problemas comúns.
- Esforzo propio: é a motivación, a forza de vontade dos membros co fin de acadar as metas previstas.
- Responsabilidade: nivel de desempeño no cumprimento das actividades para a consecución de metas, sentindo un compromiso moral cos asociados.
- Democracia: toma de decisións colectivas polos asociados (coa participación e o protagonismo) no que se refire á xestión da cooperativa.
- Igualdade: todos os asociados teñen iguais deberes e dereitos.
- Equidade: xusta distribución dos excedentes entre os membros da cooperativa.
- Solidariedade: apoiar, cooperar na solución dos problemas dos asociados, a familia e a comunidade. Tamén promove os valores éticos da honestidade, transparencia, responsabilidade social e compromiso cos demais.
Tipos de cooperativasEditar
Aínda que poden facerse distintas clasificacións das cooperativas, normalmente faise con relación ó obxecto que desempeñan. As máis salientables son as seguintes:
- Cooperativa de traballo asociado ou cooperativa de produción
- Cooperativa de consumidores e usuarios
- Cooperativa agraria ou agrícola
- Cooperativa de aforro e crédito
- Cooperativa de servizos
- Cooperativa de vivendas
- Cooperativa de transporte
- Cooperativa de turismo
- Cooperativa de ensinanza
Existen tamén algúns tipos máis específicos, como os de cooperativa de explotación comunitaria da terra, cooperativa de servizos públicos, cooperativa de electrificación rural ou cooperativa do mar.
Diferenzas entre empresa cooperativa e empresa capitalistaEditar
Empresa capitalista | Empresa cooperativa |
---|---|
As persoas buscan obter ganancias e beneficiarse uns sobre os outros | As persoas buscan dar servizos e o beneficio común |
Coas ganancias benefíciase o propietario do capital | Coas ganancias benefíciase a prestación de servizos |
Principal obxectivo: agrandar as marxes ata facelas o máis proveitoso posible para o capital | Principal obxectivo: ofrecer servizos o máis próximos posibles a prezo de custo |
O beneficio acadado distribúese entre os accionistas | O excedente dispoñible devólvese aos socios en proporción ás súas actividades ou servizos |
O capital dirixe, a persoa non | A persoa dirixe, o capital non |
A persoa non ten nin voz nin voto | A persoa ten voz e voto |
O número de socios é limitado | O número de socios é ilimitado. Poden ser socios todas as persoas que o desexen, segundo os estatutos |
Os obxectivos son independentes do socio | Os obxectivos son dependentes das necesidades dos socios |
Administrada por un número reducido de persoas | Gobérnase coa participación de todos os socios |
Organízase internamente por medio da competencia | Organízase internamente por medio da axuda mutua |
NotasEditar
- ↑ "International Year of Cooperatives - 2012". www.un.org (en inglés). Consultado o 2019-04-25.
- ↑ "Día Internacional de las Cooperativas. 2 de julio" (en castelán).
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Cooperativa |
Ligazóns externasEditar
- Cooperativismo, na web da Xunta de Galicia.