Solidariedade (socioloxía)
Neste artigo hai que completar diversas tarefas pendentes:
|
En socioloxía, solidariedade refírese ao sentimento de unidade baseado nas metas ou intereses comúns, é un termo que se refire a axudar sen recibir nada a cambio a aplicación do que se considera bo.[1] Así mesmo, refírese aos lazos sociais que unen aos membros dunha sociedade entre si. Algúns sociólogos introduciron definicións específicas deste termo. Entre eles, un dos máis famosos foi Émile Durkheim.
A Real Academia Galega define o concepto de solidariedade como:
Axuda ou apoio que, por un sentimento de obriga moral, se lle presta a quen o necesita.[2]
Tipos de solidariedade segundo Durkheim
editarA solidariedade é o aspecto social que se entende como a capacidade de entregarse a outros individuos pensando nestes como semellantes; é dicir, poder compartir un fogar, alimentos, sentimentos, etc, con outro ser vivo sen pensar na súa situación económica, tomando en conta tamén que os bens non son só o material. Existen dous tipos fundamentais de solidariedade:
- Solidariedade mecánica: Dáse con moita máis frecuencia e presenza nos países pouco desenvolvidos, xa que a mesma caracterízase por unha total competencia de cada individuo na maioría dos traballos, dándose tan só unha mínima diferenciación a razón de idade e xénero.
- Solidariedade orgánica: Durkheim afirma que a forte especialización de cada individuo orixina unha gran interdependencia, base da cohesión e solidariedade grupal, das persoas coa súa sociedade. A esta clase chámaa solidariedade orgánica. Así, cada membro posúe unha parte dos coñecementos xerais e os seus recursos, polo que todos dependen de todos. Este tipo de solidariedade adóitase presentar nas sociedades desenvolvidas. Atopamos nesta concepción a parte negativa na que unha excesiva especialización podería desembocar nun estado de desorganización social ou nun illamento do individuo como consecuencia da falta ou da incongruencia das normas sociais.[3]
Emerxe por mor da diferenciación de funcións e da división do traballo. Na medida en que os individuos especializan as súas funcións requiren doutros individuos para sobrevivir. Por exemplo, a familia. A familia que antes era auto suficiente, era capaz de servir entrelazada. A familia moderna require doutros, é dependente do resto dos individuos da sociedade. Nas formas de solidariedade orgánica os individuos desmárcanse do grupo, formando unha esfera propia de acción, pero ao mesmo tempo a división do traballo e a separación de funcións é a fonte ou condición de equilibrio social.
Notas
editar- ↑ "Solidaridad (sociología)" (en castelán). Consultado o 10 de decembro do 2019.
- ↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para solidariedade.
- ↑ Durkheim, Émile (1987 -[1893]). La división social del trabajo. Madrid: Akal.
Véxase tamén
editarA Galicitas posúe citas sobre: Solidariedade |
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Solidariedade |
- DURKHEIM, Émile. Escritos Selectos. Introducción y selección de Anthony Giddens. [Trad. Ricardo Figueroa]. Buenos Aires: Nueva Visión, 1993.
- DURKHEIM, Émile. Les regles de la methode sociologique 'Paris: Presses Universitarires de France.
- Durkheim, É. (2013). La división del trabajo social. (A. J. Ribes, Ed.) (1.a ed.). Biblioteca Nueva Minerva.
Outros artigos
editarLigazóns externas
editar- Pérez Rodríguez de Vera, Isabel María: Itinerario de la solidaridad desde el Pandectas de Justiniano hasta su incorporación en las diferentes disciplinas. Revista electrónica de estudios filológicos, número 14, decembro de 2007, (en castelán).
- Razeto Migliaro, Luis: El concepto “Solidaridad”, (en castelán).
- bdigital.unal.edu.co: División del trabajo y organización social: una perspectiva sociológica, Capítulo IV - La división del trabajo en Émile DurkheimArquivado 23 de setembro de 2015 en Wayback Machine.
- Daniella Repetto: Conceptos fundamentales de Emilio Durkheim, (en castelán).
- Guerra, Pablo A.: Solidaridad y altruismo en las ciencias sociales. justificación teórica para una sociología del tercer sector
- Cruz Petit, Bruno. "Marx y Durkheim, ¿nuestros contemporáneos?" (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 22 de setembro de 2013. Consultado o 19 de xaneiro de 2017.