San Cibrao das Viñas
Coordenadas: 42°17′54.03″N 07°52′25.32″O / 42.2983417, -7.8737000
San Cibrao das Viñas é un concello da provincia de Ourense, pertence á comarca de Ourense. Segundo o IGE en 2015 tiña 5.036 habitantes (3.840 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «cibrense».
San Cibrao das Viñas | |
---|---|
![]() Casa do Concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | cibrense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Ourense |
Comarca | Comarca de Ourense |
Poboación | 5.558 hab. (2022)[2][3] |
Área | 39,5 km²[3] |
Densidade | 140,71 hab./km² |
Entidades de poboación | 7 parroquias[4] |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Manuel Pedro Fernández Moreiras (PPdeG[6]) |
Concelleiros | PPdeG: 10 PSdeG-PSOE: 3 |
Eleccións municipais en San Cibrao das Viñas | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 50,24% |
Na rede | |
http://www.sancibrao.es/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Censo total | 5.036 (2015) |
---|---|
Menores de 15 anos | 659 (13.09 %) |
Entre 15 e 64 anos | 3.283 (65.19 %) |
Maiores de 65 anos | 1.094 (21.72 %) |

Evolución da poboación de San Cibrao das Viñas Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
3.410 | 3.913 | 3.789 | 3.303 | 3.867 | 4.441 | 4.579 | 4.745 | 4.906 | 4.972 | 5.036 | 5.113 | 5.184 | 5.249 | {{{15}}} | {{{16}}} | {{{17}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
XeografíaEditar
O concello, de 37,4 km², sitúase no noroeste da provincia de Ourense. Limita ao norte con Ourense e Pereiro de Aguiar, ao leste con Paderne de Allariz, ao oeste con Barbadás e ao sur coa Merca e Taboadela. As principais vías de comunicación son a estrada N-525 (Benavente - Santiago de Compostela), a estrada N-540 (Ourense - Maceda), a estrada N-120 (Vigo - Logroño), e a autovía A-52.
HistoriaEditar
PrehistoriaEditar
Os primeiros xacementos humanos datan do paleolítico inferior. Un deles atopouse na parroquia de Santa Comba de Gargantós. O outro achouse na parroquia de Pazos de San Clodio, nos terreos hoxe ocupados polo Polígono Industrial. Nel levouse a cabo en 1977 unha cata arqueolóxica, descubríndose numerosas pezas de talla de pedra de cuarcita adscrita ao período acheuliano, hai entre 700.000 e 120.000 anos. Atopáronse bifaces, fendedores, raediras e útiles sobre lasca.
A capital do concello está situada polo paso dunha vía romana dirixida dende San Cibrao cara á Rabeda e enlazando posteriormente coa Vía Nova do itinerario de Antonino. Na vila atopouse un miliario do século III, unha peza de granito ben executada co seguinte texto en letra capital rústica:
- MºAUR
- CARINO
- NOB
- CAES
Aparece o pouco frecuente tratamento co praenomen Mº. O emperador Carino é de procedencia ilírica, e gobernou entre os anos 283 e 285, se ben o miliario está datado no ano 282, cando foi elixido César polo seu pai, o tamén emperador Caro. Trátase dun fito viario de carácter honorífico. O miliario foi descuberto en 1972 na capela románica do Santo Cristo, situado en posición vertical coas letras invertidas. Estaba pegado ao muro absidal, embutido no piso de madeira e sostendo o retablo. Actualmente constitúe o pedestal do altar da capela.
Daquela época tamén se conservan os alicerces dunha ponte sobre o río Barbaña á altura da aldea de Ponte Noalla.
O rei Afonso III desmembrou a dotación á catedral de Ourense para descargar ao cabido da susceptione peregrinorum et sustentationibus pauperum, ao que antecedera o abade da Trindade co seu hospital. O coto xurisdicional de San Cibrao das Viñas foi asignado, xunto cos da Valenzá, Villaescusa, Lamas e Pontón, á abadía da Trindade de Ourense, a máis pobre das doce dignidades que ocuparon un lugar preponderante durante a Baixa Idade Media, con posición relevante a carón dos bispos e con xurisdición común sobre as igrexas do seu territorio.
O abade Alonso de Fonseca e Ulloa fixo as capitulacións cos veciños de San Cibrao das Viñas para a creación da igrexa parroquial baixo a advocación de San Ildefonso no lugar sinalado polo meiriño Nuño Ortega. A nova igrexa foi costeada polos veciños, así como as súas reparacións, dependendo os seus capeláns da abadía. Os veciños posuidores de viñas pagaban anualmente á abadía 6 azumes de viño, e estaban obrigados a ir á abadía en Pascuas e o día da Santísima Trindade, asistir á misa e ás procesións, baixo pena dunha libra de cera.
Fronte a todos estes privilexios da abadía, un elevado número de fregueses promoveron a emancipación da parroquia respecto da abadía, obtendo o apoio de Henrique IV e dos Reis Católicos, e en 1577 a Audiencia do Reino de Galicia resolveu ao seu favor, obtendo a vila xurisdición propia.
Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, presidente do Consello de Indias e Vicerrei de Nápoles, solicitou da Corte un privilexio de iguais prerrogativas e condicións cás da abadía, as que accedeu a Corte, dando a San Cibrao das Viñas o título de Vila e Couto. O Conde mandou construír xunto á Igrexa de San Ildefonso unha capela para o seu culto particular. Tamén construíu unha casa vivenda con muralla dende onde se divisa a capela.
Co tempo, as posesións dos condes de Lemos pasaron á familia de Tor, precedente e orixinaria da provincia de Lugo, que tiñan por señorío os coutos de San Xoán procedentes dun cóengo de Bobadela.
Daquel período de fidalguía e nobreza consérvanse algunhas casas ou pazos con paredes brasonadas. Boa parte da documentación perdeuse no incendio que en 1890 asolou o arquivo municipal.
EconomíaEditar
O Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas é o polígono máis antigo de Galicia. Foi promovido pola Caixa de Aforros Provincial de Ourense o 25 de maio de 1965.
A localización foi decidida pola proximidade das estradas N-120 e N-540, preto da capital provincial (a 6,5 km), e preto da liña de ferrocarril Zamora - Ourense, próxima á estación de Taboadela. O 31 de maio de 1974 o decreto 1.890/74 delimitaba os terreos como chan industrial, e o 5 de xullo foi incluído na Grande Área de Expansión Industrial de Galicia.
As primeiras empresas en instalarse no polígono foron Barreiros Orense, Mobles Calvo e Orember. En 1975 Citroën adquiriu 56 ha de terreo. Trala total ocupación das parcelas, a Caixa de Aforros promoveu, en colaboración con Sigalsa, unha segunda fase de compra de parcelas. Adquiríronse 810.000 m², nos que se asentaron 27 empresas, entre elas Coren Uteco.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de San Cibrao das Viñas.
ParroquiasEditar
Lugares de San Cibrao das ViñasEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello vexa: Lugares de San Cibrao das Viñas.
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "San Cibrao das Viñas".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ "Resultados eleccións 2019". Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 09 de xuño de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "San Cibrao das Viñas". www.fegamp.gal. Consultado o 15 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: San Cibrao das Viñas |
Outros artigosEditar
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |