Begonte
Begonte é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca da Terra Chá. Segundo o INE a súa poboación no 2016 era de 3115 habitantes (3413 no 2010, 3587 no 2006, 3616 no 2005, 3682 no 2004, 3684 no 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é begontés[1] ou begontino.
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | España | ||||
Comunidade autónoma | Galicia | ||||
Provincia | Lugo ![]() | ||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.951 (2022) ![]() | ||||
Xeografía | |||||
Parte de | |||||
Superficie | 126,8 km² ![]() | ||||
Altitude | 400 m ![]() | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Organización política | |||||
• Alcalde ![]() | José Ulla Rocha ![]() | ||||
Eleccións municipais en Begonte ![]() | |||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 27... ![]() | ||||
Fuso horario | |||||
Código INE | 27007 ![]() | ||||
Sitio web | concellobegonte.es ![]() |
Xeografía editar
O Concello de Begonte está formado por 19 parroquias, cun total de 103 entidades de poboación. Atópase ao oeste da provincia de Lugo, a 19 km da capital. Ten unha extensión de 125,4 km², e limita con Guitiriz, Vilalba, Cospeito, Rábade, Outeiro de Rei e Friol. Pertence ó partido xudicial de Vilalba.
A súa superficie é plana na zona central do concello, como corresponde á comarca na que está enclavado. As zonas altas están situadas ó norte, noroeste e sur. Os puntos máis elevados, nas serras occidentais do Concello, son o Cordal (735 m), e Monterredondo e Pena Cha (600 m).
Seguindo a zona máis baixa do concello, case paralelas ó eixo fluvial dos ríos Parga e Ladra, pasan a autovía A-6 e o ferrocarril Palencia-A Coruña. Así mesmo, pasa polo concello a autovía A-8, que conecta Lugo co norte da península.
Os ríos Parga e Ladra cruzan o concello, xuntándose en Pacios antes de desembocar no río Miño, xa no concello de Outeiro de Rei. A xuntanza do río Támoga co Miño forma a illa de San Roque no punto onde limitan os concellos de Begonte, Outeiro de Rei e Cospeito. As lagoas do Ollo e Riocaldo, ás que hai que engadir as orixinadas pola extracción de áridos nas inmediacións da de Riocaldo, teñen un excelente futuro cunha dobre vertente: a observación e potenciación da natureza, desde o punto de vista medioambiental e unha racional explotación turística que contemple a súa singularidade.
Begonte te unha zona do seu territorio formando parte da zona especial de conservación (ZEC) Parga-Ladra-Támoga, que comprende as ribeiras dos ríos Parga, Ladra, Támoga e Miño, e as lagoas de Riocaldo.[2][3]
Demografía editar
Censo total 2014 | 3179 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 229 (7,2 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1814 (57,06 %) |
Maiores de 65 anos | 1136 (35,73 %) |

Evolución da poboación de Begonte Fontes: INE e IGE. | |||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 | 2022 |
6541 | 6335 | 6963 | 4753 | 3682 | 3475 | 3379 | 3322 | 3231 | 3179 | 3160 | 3115 | 3071 | 3037 | 3026 | 2978 | 2976 | {{{18}}} |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
Historia editar
Os Baamonde e os Saavedra deron nome a dúas parroquias do concello, aínda que o paso dos séculos fixo desaparecer a casa-fortaleza de Baamonde e o castelo de Saavedra, onde fixo noite Vermudo II cando veu conquistar o castelo de Aguiar, e onde ditou sentenza familiar Afonso V. Os irmandiños intentaron tomalo, pero foron derrotados.
Begonte foi un lugar de paso cara a Castela. En 1773 inaugurouse a estrada Madrid-A Coruña en 1773 en substitución do antigo Camiño Real que desde a ponte de Rábade cruzaba este concello. Tamén pasa polo concello a vía do Norte do camiño de Santiago.
A comezos do século XIX os franceses invadiron a comarca, quedando como testemuña o topónimo de Francés na parroquia de Carral[Cómpre referencia].
O ferrocarril chegou en 1885. Malia que xa en 1874 se solicitara un apeadoiro, non tivo estación de ferrocarril até xuño de 1941.
O Concello de Begonte xorde en 1842, sendo o seu primeiro alcalde Ramón Losada y Montenegro. En 1924, Rábade (que pertencía a Begonte) pasou a ter un goberno autónomo como entidade local menor, conseguindo ser concello en 1925.
Cultura editar
Toponimia editar
O nome de Begonte procede (pasando por unha disimilación respecto á tónica) dun antropónimo xermánico na locución [villa(m)] Abogonti e está composto de abo, "home", gunth, "loita" e a terminación do xenitivo latino.
Segundo Manuel Vidán Torreira, debe o seu nome aos lexionarios romanos da tribo dos Vocontii, da conca do río Ródano. Aparece mencionado o ano 666 na Itación de Wamba como Pogonti, nuns documentos de 966 e 971 aparece con Boconti, e en 1137 e 1187 aparece documentado como Bogunti. Segundo Nicandro Ares Vázquez, Vocontii pode tamén significar "Vinte" ou "Os vinte", que podería corresponder aos aproximadamente vinte quilómetros de distancia á capital lucense.
Paulo Martínez Lema remite ao antropónimo UOCONTĬŬS (sendo BOCONTĬŬS unha variante gráfica), no seu xenitivo nunha construción do tipo (UĪLLA) UOCONTĪĪ, o cal sería de orixe celta testemuñado en inscricións hispanas, galas e dálmatas.[4]
Patrimonio editar
- Patrimonio arqueolóxico
Hai restos arqueolóxicos do megalitismo (cara ao 3500 a. C.), así como da ocupación romana.
Galería de imaxes editar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Begonte.
-
Casa Museo de Víctor Corral
-
"Rapaza labrega" (Víctor Corral)
-
Estrada N-VI ao seu paso pola vila
-
Igrexa de San Pedro de Begonte
-
Vista de Begonte
-
Belén electrónico
-
Placa altimétrica do concello.
Parroquias editar
Lugares de Begonte editar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Begonte vexa: Lugares de Begonte.
Notas editar
- ↑ Costas González, X.-H. (2016): Os xentilicios de Galicia e dos outros territorios de lingua galega, páx. 42. Universidade de Vigo. ISBN 978-84-8158-706-7
- ↑ Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ "Nomes de posesor na toponimia do concello de Begonte (Lugo)" (PDF). Instituto da Lingua Galega. Consultado o 20 de xuño do 2016.
Véxase tamén editar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Begonte |
Bibliografía editar
- Martínez Lema, Paulo (2019). Toponimia de Begonte e Rábade (PDF). RAG - Asociación Galega de Onomástica. ISBN 978-84-947823-2-9. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 14 de abril de 2019. Consultado o 14 de abril de 2019.