Parga-Ladra-Támoga
Coordenadas: 43°09′53″N 7°34′08″O / 43.164800, -7.568900
Parga-Ladra-Támoga | |||
---|---|---|---|
Marco Legal | |||
Figura de Protección: | ZEC | ||
Ano de constitución: | Decembro de 2004 | ||
Superficie: | 4939.08 ha. | ||
Lexislación: | LIC o 29 de decembro de 2004, ZEC o 31 de marzo de 2014.[1][2][3] | ||
Datos de interese | |||
País: | Galicia | ||
Provincias: | Lugo | ||
Concellos: | Abadín, Baleira, Begonte, Castro de Rei, Cospeito, Friol, Guitiriz, Lugo, Outeiro de Rei, Rábade, Vilalba, Xermade. | ||
Ríos: | Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madanela, Trimaz. | ||
Picos | |||
Direccións de interese: | |||
Teléfonos: |
Parga - Ladra - Támoga é un espazo natural galego catalogado como zona especial de conservación (ZEC) que inclúe a ríos como o Parga, Ladra, Narla, Azúmara, Támoga, Madanela e Trimaz, todos afluentes do río Miño na súa cabeceira, as súas ribeiras e lagoas como a de Cospeito. Esta área de conservación ocupa 4.939 ha. nas comarcas da Terra Chá e Lugo, nos concellos de Xermade, Vilalba, Abadín, Guitiriz, Cospeito, Begonte, Rábade, Outeiro de Rei, Castro de Rei, Friol e Lugo[4]. Isto é, abrangue aos ríos da depresión central lucense, que é a Terra Chá.[1][2][3][5][6]
Fauna e flora
editarFlora
editarO espazo de Parga - Ladra - Támoga é unha rede fluvial, coas súas ribeiras, con varias zonas húmidas e lagoas (como a de Cospeito), cos seus pastos e terreos agrícolas. A vexetación que a caracteriza é a asociada a estes hábitats.[6]
As especies da flora catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:[5]
Especie |
---|
Eryngium viviparum |
Luronium natans |
Narcissus asturiensis |
Narcissus pseudonarcissus ssp. nobilis |
Sphagnum pylaisii |
Fauna
editarSendo un leito fluvial e tendo unha lagoa, este espazo natural acolle unha alta diversidade de aves. En especial no período de invernal chega ás 1500 aves acuáticas. Entre as especies máis singulares están o sisón (Tetrax tetrax), que se reproduce alí, e o cardiño da lagoa (Eryngium viviparum), que conta cunha pequena poboación local.
As especies de fauna catalogadas como especies silvestres en réxime de protección especial ou presentes no catalogo galego de especies ameazadas son:<ref name="cmaot_plt">
Grupo | Especie |
---|---|
Invertebrados | Coenagrion mercuriale |
Invertebrados | Elona quimperiana |
Invertebrados | Euphydryas aurinia |
Invertebrados | Lucanus cervus |
Invertebrados | Macromia splendens |
Invertebrados | Ameixa perlífera de río (Margaritifera margaritifera) |
Invertebrados | Oxygastra curtisii |
Peixes | Chondrostoma polylepis |
Peixes | Rutilus arcasii |
Anfibios | Chioglossa lusitanica |
Anfibios | Discoglossus galganoi |
Réptiles | Lacerta schreiberi |
Mamíferos | Galemys pyrenaicus |
Mamíferos | Lutra lutra |
Mamíferos | Rhinolophus ferrumequinum |
Mamíferos | Rhinolophus hipposideros |
Lexislación
editarParga - Ladra - Támoga foi declarado como lugar de importancia comunitaria (LIC) en decembro de 2004 e ascendeu a zona especial de conservación (ZEC) en marzo de 2014. O espazo natural forma parte tamén da Reserva da Biosfera Terras do Miño.[5]
Galería de imaxes
editar-
Muíños na ruta da auga, entre os ríos Parga e Ladroil, en Guitiriz.
-
A ínsua de Seivane, Outeiro de Rei.
Notas
editar- ↑ 1,0 1,1 BOE - Goberno de España, eds. (29/12/2004). "Decisión de la Comisión, de 7 de diciembre de 2004, por la que se aprueba, de conformidad con la Directiva 92/43/CEE del Consejo, la lista de lugares de importancia comunitaria de la región biogeográfica atlántica [notificada con el número C(2004) 4032].". Diario Oficial de la Unión Europea: L 387/1–96.
- ↑ 2,0 2,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 31 de marzo de 2014). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 37/2014, do 27 de marzo, polo que se declaran zonas especiais de conservación os lugares de importancia comunitaria de Galicia e se aproba o Plan director da Rede Natura 2000 de Galicia." (62): 13.427.
- ↑ 3,0 3,1 Consellería de medio ambiente (Luns, 12 de abril de 2004). DOG - Xunta de Galicia, eds. "DECRETO 72/2004, do 2 de abril, polo que se declaran determinados Espazos como Zonas de Especial Protección dos Valores Naturais." (69): 5.046.
- ↑ Ordenados de norte a sur.
- ↑ 5,0 5,1 5,2 Consellaría de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio, Xunta de Galicia (eds.). "ZEC ES1120003: Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.
- ↑ 6,0 6,1 Axencia Ambiental Europea - Unión Europea (eds.). "Parga - Ladra - Támoga". Consultado o 9/9/2019.