Río Azúmara
O Azúmara é un pequeno río galego, da provincia de Lugo, afluente do Miño pola súa marxe esquerda.
Tipo | río ![]() | |||
---|---|---|---|---|
Inicio | ||||
División administrativa | provincia de Lugo, España ![]() | |||
Localización | Montecubeiro ![]() | |||
Final | ||||
División administrativa | Galicia, España ![]() | |||
Localización | río Miño ![]() | |||
| ||||
Conca hidrográfica | conca do Miño ![]() | |||
Características | ||||
Dimensións | 25 (![]() | |||
Medicións | ||||
Caudal | 0,4 m³/s ![]() | |||
Fontes
editarO Azúmara nace na freguesía de Montecubeiro, a preto de 1000 m de altura, nos contrafortes dos montes Pradairo (1029 m) e Pena Grande (935 m), na serra do Mirador, no concello lucense de Castroverde.
Percorrido
editarDende o seu nacemento no concello de Castroverde intérnase logo no de Pol para, finalmente, atravesar o de Castro de Rei. Logo de 25 km de percorrido, verte as súas augas no Miño, na parroquia de Coea. O seu caudal medio absoluto é de 0,4 m³/s. A súa conca abrangue uns 200 km².
Afluentes
editarDestacan pola dereita o río de Pol e o Torneiros.
Réxime hídrico
editarO Azúmara é un río de réxime pluvial, de tipo oceánico, consonte unha precipitación media na súa conca de 1.122 mm anuais.
Galería de imaxes
editar-
Río Azúmara ó seu paso por Castro de Rei