Castroverde
Coordenadas: 43°1′45.78″N 7°19′38.39″O / 43.0293833, -7.3273306
Castroverde é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Lugo.
Castroverde | |
---|---|
![]() Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | castroverdés/castroverdesa (baseado en Costas González, X.-H.) |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Lugo |
Poboación | 2.592 hab. (2022)[2][3] |
Área | 174,2 km²[3] |
Densidade | 14,88 hab./km² |
Entidades de poboación | 37 parroquias[4] |
Capital do concello | Castroverde |
Política (2019 [5]) | |
Alcalde | Xosé María Arias Fernández (PSdeG-PSOE[6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 9 |
Eleccións municipais en Castroverde | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 81,14% |
Na rede | |
concellodecastroverde.gal | |
[ editar datos en Wikidata ] |
DemografíaEditar
Segundo o IGE en 2015 tiña 2.802 habitantes (3187 no 2006, 3236 no 2005, 3286 no 2004, 3372 no 2003). Neste concello atópase Montecubeiro, a parroquia de Galicia con máis entidades de poboación, 37.
Censo total 2015 | 2.802 habitantes |
---|---|
Menores de 15 anos | 197 (7,03 %) |
Entre 15 e 64 anos | 1,617 (57,71 %) |
Maiores de 65 anos | 988 (35,26 %) |

Evolución da poboación de Castroverde Fontes: INE e IGE. | ||||||||||||||||
1900 | 1930 | 1950 | 1981 | 2004 | 2009 | 2011 | 2012 | 2013 | 2014 | 2015 | 2016 | 2017 | 2018 | 2019 | 2020 | 2021 |
6189 | 7173 | 8122 | 4617 | 3286 | 3012 | 2933 | 2887 | 2840 | 2823 | 2802 | 2726 | 2676 | 2675 | 2617 | 2595 | 2609 |
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.) |
LocalizaciónEditar
O concello sitúase no centro da provincia de Lugo. O territorio constitúe unha zona de transición entre a meseta luguesa e as Serras Orientais, de maneira que o terreo vai gañando altura cara ao leste: Serras de Monciro, do Mirador (coa altura de 1034 m en Pradairo), da Vaqueriza e de Puñago.
Numerosos regatos baixan destes montes, vertendo nos ríos Guimarás, Azúmara, Romeán, Outeiro e Tórdea, todos eles afluentes do Miño.
O clima é oceánico con matices continentais, cunha oscilación térmica de até 13 °C entre temperaturas invernais baixas (5,6 °C en xaneiro) e as suaves do verán (17,7 °C). Chove arredor de 1.000 mm.
HistoriaEditar
Castroverde pertenceu á Casa de Lemos até o século XVI, cando a vila, a fortaleza e as súas terras foron compradas polos Altamira. No século XIX producíronse enfrontamentos carlistas.
MonumentosEditar
Na propia vila fica aínda a torre da homenaxe da fortaleza medieval dos Castro de Lemos, tamén chamado Castelo de Castroverde. Hai tres pazos notorios: o de Abraira-Arana, en Vilabade, o de Cellán de Mosteiro e o de Pumarega.
A igrexa de Santa María de Vilabade, alcumada "catedral de Castroverde", foi construída no século XV a instancias de Fernando de Castro para un mosteiro; é gótica, mais con adicións posteriores e retablos barrocos.
Destaca tamén a igrexa prerrománica de Soutomerille, reformada no ano de 1619, así como outras varias con elementos románicos.
Festas e feirasEditar
- Festas de Santiago o Maior, os días 24, 25 e 26 de xullo, con numerosas actividades.
- Festa da Xuventude, o 27 de decembro.
- Feira da Artesanía. o 24 de agosto.
- Feira, domingos alternos.
- Festa dos Avós, en abril.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Castroverde.
Torre do Castelo de Castroverde
Lugares de CastroverdeEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Castroverde vexa: Lugares de Castroverde.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Castroverde".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Castroverde". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Castroverde |