Souto de Torres, Castroverde
San Tomé de Souto de Torres é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde. Segundo o padrón municipal de 2004 tiña 30 habitantes (17 homes e 13 mulleres), distribuídos en 1 entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 35 habitantes. En 2016 contaba cunha poboación de 13 homes e 9 mulleres.
Souto de Torres | |
---|---|
Igrexa de San Tomé de Souto de Torres. | |
Concello | Castroverde[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 43°01′06″N 7°21′57″O / 43.01824081, -7.3657663 |
Poboación | 27 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Patrimonio
editarSituada no camiño Primitivo, é unha ruta para os camiñantes de gran beleza polas súas carballeiras e castiñeiros. Conta cunha igrexa preto do camiño e un cruceiro de recente construción.
Festas
editarCelebra unha festa na honra de Nosa Señora dos Milagres, o 24 de maio. Festa de gran tradición, onde gran número de persoas acoden en peregrinación tanto o día da festa como os nove días anteriores en que se celebra unha novena na honra da Virxe.
Galería de imaxes
editar-
Cruceiro de Souto de Torres
Lugares e parroquias
editarLugares de Souto de Torres
editarLugares da parroquia de Souto de Torres no concello de Castroverde (Lugo) | |
---|---|