Miranda, Castroverde
Santiago de Miranda é unha parroquia que se localiza no concello de Castroverde na provincia de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística no ano 2007 tiña 68 habitantes (36 mulleres e 32 homes), distribuídos nunha soa entidade de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 74 habitantes.
Miranda | |
---|---|
Igrexa de Santiago de Miranda | |
Concello | Castroverde[1] |
Provincia | Lugo |
Coordenadas | 42°58′03″N 7°19′21″O / 42.96763685, -7.32247306 |
Poboación | 46 hab. (2019) |
Entidades de poboación | 1[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Xeografía
editarTres brazos do río Tordea (zonas de Paraxe-Agueiras, Revouta-Lalín-Porto e o do Arroxo).
Malia contar cunha soa entidade de poboación, existen 16 barrios: Airexe, Cima de Vila, Corral, Pousada, Lalín, Arroxo, Porto, Agueiras, Agro, Tras da Queimada, Rixuana, Paraxe, Castro, Val, Revouta e Serra.
Patrimonio
editarExisten restos dun poboado castrexo (tapado). A igrexa parroquial de Santiago é posibelmente de orixe románica, coa famosa Virxe das Dolores. O pazo de Soutomoumille foi construído en 1920. A zona de Revouta, Lalín e o Arroxo (con dous muíños de auga comunicados por un acueduto de pedra que cruza o río), posíbel zona de minas romanas nas zonas do río que ven de Agustín (hoxe xa tapadas), camiño romano das Agueiras que vai a Tordea. O antigo colexio deixou de funcionar como tal na transición, e agora fai as funcións de casa da cultura.
Antigamente celebrábase unha feira en Miranda.
Festas
editarAs festas de Miranda celébranse na honra da Virxe das Dores, coincidindo coa fin de semana posterior ó 20 de setembro.
Celébrase unha romaría na ermida de Outeiro de Vellas polo Santo Sartego.
Miranda na cultura popular
editarRefrán
editar"Se vas a Miranda leva o pan na manga e un cuchilo pra cortalo"
Cantiga
editar"Se che preguntan quen canta quen carallo vai cantar somosché os de Miranda que che vimos do San Blas"
Galería de imaxes
editar- Artigo principal: Galería de imaxes de Miranda, Castroverde.
-
Vista dende a serra
-
Carballeira
-
Inverno
-
Camiño do agro
-
Igrexa parroquial de Miranda
Escolma histórica
editar| |
Lugares e parroquias
editarLugares de Miranda
editarLugares da parroquia de Miranda no concello de Castroverde (Lugo) | |
---|---|