Pol
Coordenadas: 43°21′49″N 7°28′30″O / 43.36361, -7.47500
Pol é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o IGE en 2014 tiña 1.738 habitantes (En 2009 tiña 1.865, 1.913 en 2007).
Pol | |
---|---|
Casa do concello. | |
Situación | |
Xentilicio[1] | Polense |
Xeografía | |
Provincia | Provincia de Lugo |
Comarca | Comarca de Meira |
Poboación | 1.612 hab. (2022)[2][3] |
Área | 125,9 km²[3] |
Densidade | 12,8 hab./km² |
Entidades de poboación | 111[4] |
Capital do concello | Mosteiro |
Política (2019[5]) | |
Alcalde | Lino Rodríguez Ónega (PSdeG-PSOE [6]) |
Concelleiros | BNG: 1 PPdeG: 1 PSdeG-PSOE: 7 |
Eleccións municipais en Pol | |
Uso do galego[7] (2011) | |
Galegofalantes | 83,83% |
Na rede | |
http://www.concellopol.es | |
[ editar datos en Wikidata ] |
XeografíaEditar
O concello esténdese nas abas dos contrafortes da Serra de Meira polo nordeste e da Serra do Mirador polo sueste. Mosteiro, con 205 habitantes, é a capital desde 1970. A estrada LU-640 (de Lugo á Veiga) pasa polo norte.
As maiores altitudes están no leste (Pena Grande, 935m, Montes da Ferradura, 809 m e Penedo do Pao, 827 m). Nos límites con Castro de Rei a altitude apenas supera os 400 m e os outeiros intermedios non superan os 650 m. Deles parten numerosos regatos e ríos.
Os principais cursos fluviais son, na bacía do río Miño, o río Azúmara e o seu afluente o río Pol polo centro e o río Lea polo suroeste e, cara a vertente cantábrica, o río Lúa, que é afluente do Eo.
Abundan os bosques grandes, como os de Milleirós, con moitos carballos
O clima é oceánico continental, con precipitacións en volta dos 1.000 mm anuais e temperaturas medias anuais baixas. A media no inverno non supera os 6,7 °C; no verán a temperatura é suave (16 °C); 136 días ao ano hai xeada.
PoboaciónEditar
A distribución por tramos de idade da poboación de Pol queda do seguinte xeito:
Censo total | 1.738 (2014) |
Menores de 15 anos | 128 (7,36 %) |
Entre 15 e 64 anos | 982 (56,50 %) |
Maiores de 65 anos | 628 (36,13 %) |

HistoriaEditar
A poboación prehistórica debeu de ser importante, en razón da abundancia de mámoas e castros[8].
Os castros que se distinguen no concello: | |
|
|
Tense constancia de mámoas nos seguintes lugares: | |
|
|
Por Pol pasou unha vía romana que procedía de Astúrica Augusta e se bifurcaba en Valonga cara a Ribadeo e Viveiro. No Museo Provincial de Lugo consérvase unha ara votiva dedicada aos deuses viais. Outros restos romanos son o mosaico da Vila romana de Doncide, en Silva, e a tessera dos zoelas, inscrición na que se recolle un pacto de amizade entre os triadivos e os desoncos, realizado en presenza no maxistrado Abieno, no ano 27 a.C..
Da Idade Media fican sepulturas antropomórficas en Lúa e sartegos en Hermunde. Sábese da existencia de mosteiros en Arcos, Mosteiro e Silva (este último estaba baixo a protección do papa Hadrián IV en 1156). Cando o Císter se instalou en Meira, estes mosteiros desapareceron.
O documento máis antigo que se conserva referido a este concello é de 1222, o testamento dun soldado chamado Froila García, que deixa as súas terras de Pol ao bispado de Lugo. No mesmo século XIII o rei Afonso X o Sabio concedeu unha carta póboa aos habitantes de Luaces, que se asentaron en Valonga. As terras de Luaces, que pertenceran á casa de Lemos, pasaron en 1514 aos Altamira, ao compralas Álvaro Osorio de Moscoso para o seu sobriño, o IV Conde de Altamira.
No século XVIII os Losada eran señores en Pol, que se dividía daquela nas xurisdicións de Luaces (conde de Altamira), Lea (conde de Graxal) e Meira (señorío do Real Colexio de Meira)[9]. Coa creación dos primeiros concellos créanse dous, Luaces e Lea, pero en 1835 créase o actual de Pol, co mesmo territorio a excepción de Lúa.
Galería de imaxesEditar
- Artigo principal: Galería de imaxes de Pol.
Lugares de PolEditar
Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Pol vexa: Lugares de Pol.
ParroquiasEditar
NotasEditar
- ↑ Véxase no Galizionario.
- ↑ Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020.(en castelán).
- ↑ 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Pol".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
- ↑ Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
- ↑ Goberno de España, Ministerio do Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019.
- ↑ Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Pol". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019.
- ↑ Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014.
Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google
- ↑ Pol O Noso Patrimonio
- ↑ [1]
Véxase taménEditar
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Pol |
Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír. |