Álvaro Osorio de Moscoso
Frei Álvaro Osorio de Moscoso, finado en Roma o 10 de abril de 1539, foi un dominico, bispo da Diocese católica latina de Astorga.
Álvaro Osorio de Moscoso | |
---|---|
Bispo da Igrexa Católica Latina | |
Biografía | |
Nacemento | ? 1471 [1] |
Pasamento | 10 de abril de 1539 [2] Roma |
Ordes | |
Mendicante | dos Predicadores |
Bispo de Astorga | |
1 de xuño de 1515 - 10 de abril de 1539 | |
Predecesor | Sancho Pérez Rodríguez |
Sucesor | Esteban de Almeyda |
Outros | |
Ficha en catholic-hierarchy.org |
TraxectoriaEditar
Cuarto fillo de Pedro Osorio de Villalobos e Urraca de Moscoso e irmán de Rodrigo Osorio de Moscoso, conde de Altamira, ingresou no convento salmantino, onde tomou o hábito en 1489, para despois dedicarse ao ensino. En 1505 Fernando el Católico, encomendoulle a educación do seu neto, Fernando I, irmán de Carlos V.[3]
En 1515 nomeárono bispo de Astorga e foi confesor de Filipe o Fermoso e de Xoana a Tola.
NotasEditar
- ↑ "Osorio de Moscoso, Álvaro". Diccionario enciclopédico galego universal. La Voz de Galicia. 2003-2004. ISBN 84-7680-429-6.
- ↑ Lamigueiro, José Luis. "Osorio de Moscoso, s. XV-XX". Xenealoxías do Ortegal (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 23 de abril de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016.
- ↑ "Osorio de Moscoso, Álvaro". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9.
Véxase taménEditar
BibliografíaEditar
- "Osorio de Moscoso, Álvaro". Enciclopedia Galega Universal 13. Ir Indo. 1999-2002. p. 103. ISBN 84-7680-288-9.
Ligazóns externasEditar
- Vaamonde Lores, César (1915-1916). "Gómez Pérez das Mariñas y sus descendientes". Boletín de la Real Academia Gallega (en castelán) (100): 86–91. Arquivado dende o orixinal o 31 de decembro de 2016. Consultado o 30 de decembro de 2016. Arquivado 31 de decembro de 2016 en Wayback Machine.
Predecesor: Sancho Pérez Rodríguez de Acebes |
Bispo de Astorga 1515-1539 |
Sucesor: Esteban de Almeyda |