Meira

concello da comarca de Meira, na provincia de Lugo

Coordenadas: 43°13′0″N 7°16′59″O / 43.21667, -7.28306

Meira é un concello da provincia de Lugo, pertencente á comarca de Meira. Segundo o padrón municipal, en 2018 tiña 1.711 habitantes (1.794 no 2007,1.774 no 2006, 1.780 no 2005, 1.789 no 2004, 1.806 en 2003). O seu xentilicio (véxase no Galizionario) é «meirao», «meirego» ou «meirense».

Meira
Escudo de Meira
Meira2.jpg
Parte traseira da actual casa do Concello de Meira.
Situacion Meira.PNG
Situación
Xentilicio[1]meirao - meirego - meirense
Xeografía
ProvinciaProvincia de Lugo
ComarcaComarca de Meira
Poboación1.742 hab. (2022)[2][3]
Área46,5 km²[3]
Densidade37,46 hab./km²
Entidades de poboación-[4]
Política (2019[5])
AlcaldeAntonio de Dios Álvarez (PSdeG-PSOE [6])
ConcelleirosBNG: 1
PPdeG: 1
PSdeG-PSOE: 6
Outros: Ga.S 1
Eleccións municipais en Meira
Uso do galego[7] (2011)
Galegofalantes84,78%
Na rede
www.concellodemeira.com
editar datos en Wikidata ]

XeografíaEditar

O concello, composto polas parroquias de Meira (Santa María) e Seixosmil (Santo Isidro), está situado ó noroeste da provincia, entre a Terra Chá e as Serras Orientais, ó oeste da serra de Meira. O relevo é algo accidentado. No alto da serra de Meira está o Pedregal de Irimia, onde nace o río Miño. Climatoloxicamente isto tradúcese nun clima oceánico de montaña, con precipitacións durante todo o ano, con excepción dos meses de xullo e agosto. No inverno, e nun curto período de días, o normal é ter algo de neve.

DemografíaEditar

A poboación de Meira diminuíu coa perda de superficie que supuxo a constitución en 1935 dun novo concello, Ribeira de Piquín, e pasou de ser un dos municipios máis grandes da provincia, neses tempos, a ser un dos máis pequenos. Dende principios do século XX e ata 1950 a demografía apenas experimentou cambios e a partir de 1970 comeza unha etapa de estancamento, que en 1991 alcanzou unha evolución negativa.

No verán a poboación de Meira vese incrementada polas numerosas familias, turistas ou nativos que viven fóra, que veñen pasar un tempo de desfrute estival.

Censo total 1.711 (2018)
Menores de 15 anos 200 (11.69 %)
Entre 15 e 64 anos 1.001 (58.5 %)
Maiores de 65 anos 510 (29.81 %)
Evolución da poboación de Meira   Fontes: INE e IGE.
1900 1930 1950 1981 2004 2009 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021
4.475 4.087 2.228 2.004 1.789 1.787 1.780 1.775 1.769 1.731 1.749 1.747 1.726 1.711 1.725 1.748 1.731
(Os criterios de rexistro censual variaron entre 1900 e 2004, e os datos do INE e do IGE poden non coincidir.)

HistoriaEditar

A historia desta vila está directamente relacionada coa fundación dunha comunidade monástica cisterciense, que algúns estudosos datan no ano 1143. En 1154, o rei Afonso VII outorgou aos Condes de Sarria, Álvaro Rodríguez e Sancha Fernández, a vila e o couto de Meira, que por aquel entón era un lugar totalmente virxe. En 1159, o fillo de Afonso VII, Fernando II, concedeulle a Meira a exención do pagamento da peaxe e o portádego en todo o reino.

Os bens do mosteiro cisterciense, chamado mosteiro de Santa María de Meira, foron medrando, grazas ás doazóns da monarquía. Paralelamente, tamén medraba a cobiza dos poderosos, que se levantaron contra os monxes. Fernando II tivo que redactar un decreto real convidando aos bispos de Oviedo e Lugo a apoiar a comunidade monacal de Meira. Non obstante os saqueos non proviñan só da sociedade civil, senón tamén da propia igrexa. Pero no ano 1515, e grazas á unión do mosteiro coa Congregación de Castelá, este viviu os seus anos de maior esplendor coa fundación da Facultade de filosofía.

A escola funcionou como centro cultural de primeira orde, ata a invasión napoleónica. O mosteiro sufriu as consecuencias de ter instalado un hospital ó servizo das tropas. Despois da invasión, os monxes volveron e repararon o mosteiro en ruínas, maila nunca máis recuperou o seu esplendor. Hoxe en día só queda a igrexa de Santa María de Meira e o edificio no que se sitúa a Casa do Concello.

O escudo de Meira compóñeno, sobre o fondo azul, no lado sinistro, de branco, o brazo de maije empuñando o báculo abacial de ouro, e sobre del, unha flor de lis, e no lado destro a mitra abacial e outra flor de lis. Sobre o todo, en banda, unha tira axadrezada de prata e goles. Sobre o escudo a coroa real cerrada.

Patrimonio artísticoEditar

Da cultura megalítica consérvase o dolmen do Cortello da Vella, as medorras de Paredes e as medorras de San Martín de Lúa.

A igrexa de Santa María de Meira, é un templo románico, declarado Monumento Histórico Artístico Nacional en 1931. Orixinalmente pertenceu a un mosteiro, xa desaparecido. Esta igrexa ten influencia da arquitectónica borgoñoa (importada de Francia) e está exenta totalmente da influencia compostelá. O templo ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior e unha de cruceiro. Ten tamén cinco capelas na cabeceira, todas elas cubertas por bóvedas de canón apuntado. No interior consérvanse sepulcros con relevos e o escudo dos Bolaño, unha lápida abacial e varios retablos, entre os que destaca o maior, de estilo neoclásico, e o cruceiro, ámbolos dous do século XVII. Tamén se conserva unha colección de ourivaría sacra.

Outros monumentos relixiosos son a capela de Paredes, de planta rectangular, e a ermida de San Pedro, en Vilar de Mouros.

Dentro da arquitectura civil destaca a Casa da Xesteira, cunha pedra de armas decorada cunha inscrición alusiva ós Vélez e Mendoza, de 1731, e tamén a casa do Mosteiro.

Patrimonio naturalEditar

Meira pode presumir dunha paisaxe espectacular e virxe. Está rodeada por bosques e montes e bañada polo río Miño. Tamén é posible desfrutar da Ruta Miño-Eo. Na parte oriental do municipio está a fervenza da Mexadoira, no chamado rego de Murias. Na beira do río Eo atópase a área recreativa da Treita. As árbores máis habituais destes bosques son os carballos, bidueiros e castiñeiros. A flora autóctona, a parte das árbores mencionadas, compóñena toxos, xestas e uz.

A fauna da comarca é moi numerosa: perdices, paspallás, pombos, lobos, raposos, corzos, xabarís... Nos ríos, as troitas e as anguías son as protagonistas e xa no río Eo hai tamén salmóns.

Mención a parte merece o Pedregal de Irimia, nacemento do río Miño. É aquí onde manan as primeiras fontes do río Miño, augas que van a dar á lagoa da Fonmiñá, na Pastoriza.

Patrimonio etnográficoEditar

Dentro do patrimonio etnográfico do concello atópase a festa da malla, unha festa na que se rememora este labor do campo e que foi declarada no ano 2004 de interese turístico de Galicia.

Refráns de MeiraEditar

"Xente de Meira, tropa lixeira"

"Xente de Meira, tropa festeira"

Galería de imaxesEditar

Artigo principal: Galería de imaxes de Meira.

Lugares de MeiraEditar

Para unha lista completa de todos os lugares do concello de Meira vexa: Lugares de Meira.

ParroquiasEditar

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Meira

Meira (Santa María) | Seixosmil (Santo Isidro)

NotasEditar

  1. Véxase no Galizionario.
  2. Instituto Nacional de Estadística, ed. (27 de decembro de 2019). "Cifras oficiales de población resultantes de la revisión del Padrón municipal a 1 de enero". Consultado o 2 de xuño de 2020. (en castelán).
  3. 3,0 3,1 Instituto Galego de Estatística. (2022) "Meira".Información municipal. Sociedade e poboación. Xunta de Galicia.
  4. Nomenclátor de Galicia. Busca directa. Xunta de Galicia
  5. Goberno de España, Ministerio del Interior (ed.). "Elecciones 2019". resultados.eleccioneslocaleseuropeas19.es. Arquivado dende o orixinal o 25 de xuño de 2019. Consultado o 27 de maio de 2019. 
  6. Federación Galega de Municipios e Provincias (ed.). "Meira". www.fegamp.gal. Consultado o 14 de setembro de 2019. 
  7. Neira, Carlos. "Evolución do uso do galego por concellos". Arquivado dende o orixinal o 5 de decembro de 2019. Consultado o 14 de outubro de 2014. Fonte: IGE. Datos dispoñibles nas Táboas Dinámicas de Google 

Véxase taménEditar


 
 Este artigo sobre concellos de Galicia é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.
 Existen igualmente outros artigos relacionados con este tema nos que tamén podes contribuír.